Este artigo trata sobre o condado de Inglaterra, para o condado do Estado de Nova York, EUA, véxase Suffolk, Nova York.
Suffolk (pronunciado /ˈsʌfək/ ) é un extenso condado, tradicional e administrativo, situado no leste de Inglaterra, no Reino Unido.
Limita con Norfolk ao norte, Cambridgeshire ao oeste e Essex ao sur. Ten o mar do Norte ao leste.
A capital do condado é Ipswich, e outras cidades importantes son Lowestoft e Bury St. Edmunds. Segundo o censo do ano 2003, a poboación do condado era de 678.074 habitantes.
Véxase tamén
Outros artigos Sutton Hoo O castelo de Framlingham O faro de Southwold
Categoría:Condados de Inglaterra Categoría:Suffolk