Bhumibol Adulyadej (ภูมิพลอดุลยเดช), Rama IX de Tailandia, nado en Cambridge (Estados Unidos) o 5 de decembro de 1927 e finado en Bangkok o 13 de outubro de 2016, foi rei de Tailandia desde 1946 ata a súa morte.

Traxectoria Nado nos Estados Unidos e educado principalmente en Lausana, Suíza, Bhumibol Adulyadej foi un monarca constitucional.

Asumiu o trono de Tailandia o 9 de xuño de 1946, após o falecemento do seu irmán maior, Ananda Mahidol, que faleceu por mor dun disparo, por causas que nunca foron aclaradas pola Casa Real tailandesa.Muere el rey Bhumibol Adulyadej. La Vanguardia. Porén, a súa coroación, como Rama IX, non se produciu até o 5 de maio de 1950.

Interveu decisivamente en ocasións na política tailandesa, e atribuíuselle un papel importante na transición á democracia na década de 1990 despois de períodos anteriores durante os que apoiou réximes militares.

Rama IX foi o noveno soberano da Casa de Chakri. O seu reinado durou 70 anos; era o xefe de estado de maior antigüidade e foi o monarca tailandés co reinado máis longo da historia. Foi sucedido polo seu fillo, o príncipe Maha Vajiralongkorn (coroado como Rama X).

Notas

Categoría:Reis de Tailandia Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Cambridge, Massachusetts Categoría:Condecorados co colar da Orde do Mérito Civil