Bernard Sumner, nado o 4 de xaneiro de 1956 en Salford, Inglaterra, é un músico británico, principalmente coñecido por ser o guitarra e teclado de Joy Division e o guitarrista e vocalista de New Order.

Sumner foi o artífice do inicio da banda xurdida de Manchester, Joy Division, xunto a Ian Curtis, Peter Hook, e Stephen Morris. Despois da morte de Ian Curtis, cantante de Joy Division, Sumner formou New Order cos seus ex compañeiros de Joy Division, e incluíu na formación a Gillian Gilbert (máis tarde muller de Stephen Morris). Con este grupo Sumner creou o sinxelo de dúas caras máis vendido da historia, Blue monday, que xeraría grandes ingresos para New Order, parte dos cales Bernard Sumner destinou á súa discográfica, Factory Records. En 2006, New Order lanzou o seu traballo máis recente titulado Waiting for the siren's call, que inclúe o sinxelo Krafty.

Canda o guitarrista de The Smiths, Johnny Marr, formou durante os anos 1990 a banda Electronic.

No 2007 empezou un novo proxecto, Bad Lieutenant.

Categoría:Músicos de Inglaterra Categoría:Gañadores do Premio Ivor Novello Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Salford