Aleksei Nikolaevich Romanov (en ruso: Алексе́й Никола́евич Ромáнов), nado en Peterhof o 12 de agosto de 1904 e finado en Ekaterimburgo o 17 de xullo de 1918, foi o derradeiro tsarévich de Rusia. Foi o quinto fillo e único home nado do matrimonio entre o tsar Nicolao II de Rusia e Alexandra Fedorovna. Naceu con hemofilia, o que provocou o achegamento da súa nai ao staretz Grigorii Rasputin para que tratara a enfermidade, o que supuxo un importante factor debilitante da dinastía Romanov.

Trala Revolución de Febreiro de 1917, Aleksei e a súa familia permaneceron baixo arresto domiciliario primeiro en Tsarskoe Selo e máis adiante en Tobolsk e Ekaterimburgo. Foi asasinado xunto aos seus pais, irmás e outros catro reféns durante a guerra civil rusa por orde do goberno bolxevique. Os rumores de que sobrevivira mantivéronse ata o ano 2007 cando se descubriron os seus restos e os dunha das súas irmás. O 17 de xullo de 1998, no 80º aniversario do seu asasinato, a familia foi formalmente soterrada e máis adiante, no ano 2000, canonizada como portadores da paixón pola Igrexa Ortodoxa Rusa.

Traxectoria Nacemento dereita|miniatura|180px|Manifesto anunciando o nacemento do tsarevich Aleksei. Aleksei naceu as 13:15 do no Palacio de Peterhof. O seu esperado nacemento alegrou profundamente aos seus pais, que anhelaban a chegada dun herdeiro ao trono imperial. As súas irmás foron as grandes duquesas Olga, Tatiana, María e Anastasia. O seu nacemento anunciouse co disparo de 301 salvas de canóns desde a Fortaleza de San Pedro e San Paulo en San Petersburgo, e as campás das igrexas resoaron por todo o Imperio.

O foi bautizado na capela de Peterhof. Os seus principais padriños foron a súa avoa, a emperatriz viúva María Feodorovna; o seu tío avó, o gran duque Aleksei Aleksandrovich; a súa irmá Olga; Cristián IX de Dinamarca; Eduardo VII do Reino Unido e Guillerme II de Alemaña. Ademais, xa que Rusia estaba inmersa na Guerra Ruso-Xaponesa, todos os soldados do exército e armada rusa foron nomeados padriños honorarios. A condesa Sofía Buxhoeveden narrou sobre a cerimonia:

Aleksei foi bisneto por liña materna da raíña Vitoria.

Hemofilia miniatura|200px|O antigo palacio dos Emperadores rusos no bosque de Białowieża, onde Aleksei sufriu unha grave crise de hemofilia a comezos de outubro de 1912 miniatura|200px|Aleksei nos brazos de Klementy Nagorny

O día o neno comezou a sangrar polo embigo sen que se puidera deter a hemorraxia. Aleksei herdou a hemofilia da súa nai Alexandra, enfermidade que se remonta por vía materna até a Raíña Vitoria. En 2009 as análises xenéticas determinaron que sufría de hemofilia B. Desde ese momento, o tsarévich tivo que ter coidado de non danarse, xa que carecía dunha das proteínas necesarias para a coagulación do sangue. Segundo o seu tutor, Pierre Gilliard, a natureza da súa enfermidade foi mantida como segredo de Estado. A súa hemofilia foi tan severa que o máis mínimo dano como un mouratón, hemorraxia nasal ou un corte podían poñer en risco a súa vida. Dous mariñeiros, Andrei Eremeievich Derevenko e Klementii Nagornii foron asignados para o seu coidado e para evitar que se danase, o que seguía sendo inevitable. Os mariñeiros tamén levaban ao tsarévich en brazos cando este non podía camiñar. Ademais de ser unha gran causa de tormento para os seus pais, os frecuentes episodios de hemofilia interferiron dun xeito notable na educación de Aleksei.

A súa enfermidade foi obxecto de controversia, xa que deu lugar aos rumores de que a súa nai mantiña unha relación co monxe Grigorii Rasputin. Rasputín afirmaba que era capaz de curar a Aleksei cando este estaba ás portas da morte por mor da hemofilia. O 8 de outubro de 1912, Aleksei recibiu a unción dos enfermos durante unha grave crise provocada por unha inchazón na ingua. O accidente tivo lugar durante a visita dos Romanov ao seu palacio no bosque de Białowieża e o traslado a Spała (naquel entón parte do Polonia rusa). A Tsarina desesperada pediu a súa dama de compaña e mellor amiga, Anna Vyrubova,Vyrubova, p. 94Moe, p. 156. para asegurar a axuda de Rasputín, naquel entón caído en desgraza. O día seguinte, o 9 de outubro, Rasputin respondeu enviando un curto telegrama que incluía unha profecía: "O pequeno non finará. Non deixes aos doutores (Eugene Botkin e Vladimir Derevenko) que o molesten demasiado."Fuhrmann, pp. 100–101. A temperatura de Aleksei baixou e o hematoma desapareceu, mais o rapaz tardou un ano en recuperarse por completo. Segundo Gilliard,

Hai varias explicacións para a habilidade de Rasputin, como que empregaba a hipnose co tsarévich, administrándolle herbas, ou que o seu consello de que os doutores non molestaran a Aleksei axudou a que este se curase. Outros especularon que, coa información obtida de Ana Vyrubova, Rasputin contaba o tempo para que Aleksei sanase de xeito natural e así levar el todo o mérito.Edvard Radzinsky, The Rasputin File, Doubleday, 2000, p. 77

Gilliard, a historiadora francesa Hélène Carrère d'EncausseH.C. d'Encausse (1996) Nicolas II, La transition interrompue, p. 147, (Fayard) ; Holy People of the World: A Cross-cultural Encyclopedia. e o xornalista Diarmuid Jeffreys, especularon con que as prácticas de Rasputín incluían a administración da aspirina, un analxésico dispoñible desde 1899. O mecanismo de acción da aspirina é un antiagregante e ten efectos no sangue; prevén a coagulación e favorece o sangrado, o que puido provocar a hemartrose. A medicina máxica tería favorecido o sufrimento e a dor en Aleksei.Aspirin: The Story of a Wonder Drug Review by Boleslav L Lichterman in BMJ (British Medical Journal) 11 Dec 2004; 329(7479): 1408.

Aleksei e as súas irmás foron ensinados a ver a Rasputín como O Noso Amigo e intercambiar confidencias con el. Aleksei era tamén consciente de que podía non chegar á idade adulta. Cando tiña dez anos, a súa irmá Olga sorprendeuno tombado mirando as nubes e preguntoulle que facía. Aleksei respondeu "Gustame pensar e facerme preguntas". Olga preguntoulle acerca dos seus pensamentos e o tsarévich respondeulle: "Oh, moitas cousas. Desfruto do sol e a beleza do verán tanto como podo. Quen sabe se calquera de estes días se me impide facelo?"Massie, p. 143

Infancia miniatura|Aleksei e os seus titores. De esquerda a dereita: Pierre Gilliard, Xeneral Voyeikov, o tsarévich Aleksei, Charles Sydney Gibbes e Pyotr Vassilievich Petrov Segundo o seu titor francés, Pierre Gilliard, Aleksei era un simple e agarimoso rapaz, pero o seu ambiente o estaba botando a perder debido as adulacións da servidume e persoas que o rodeaban. Nunha ocasión, un grupo de campesiños acudiu a entregarlle presentes a Aleksei. O mariñeiro Derevenko, exixiulles que se axeonllasen ante o rapaz. Gilliard sinalou que Aleksei estaba "avergoñado e acorado", e cando lle preguntaba se lle gustaba ver a xente axeonllada diante del, respondeu dicindo: "Oh non, pero Derevenko di que ten que ser así!". Cando Gilliard aconsellou a Aleksei que dixese a Derevenko que deixase de insistirlle, o rapaz respondeu que non se atrevía. Gilliard falou entón con Derevenko, quen respondeulle que Aleksei estaba "encantado de librase de esa fastidiosa formalidade".

"Aleksei era o centro da súa familia, o foco de todas as esperanzas e afeccións", escribiu Gilliard. "As súas irmás adorábano. Era o orgullo e alegría dos seus pais. Cando estaba san, o palacio transformábase. Todo o mundo parecía bañado polos raios do sol". Aleksei gardaba certo parecido coa súa nai e era alto para a súa idade, cunha "cara longa e fina, faccións delicadas, cabelo castaño con destelos cobrizos e uns ollos grandes de cor gris azulado, como a súa nai", Aínda que intelixente e agarimosa, a súa educación estaba frecuentemente interrompida polos casos de hemofilia.Kurth, Peter, "Tsar: the lost world of Nicholas and Alexandra", Allen & Unwin, 1998, p. 74, ISBN 1-86448-911-1 Tiña prohibido montar en bicicleta ou xogar de xeito brusco. miniatura|esquerda|Aleksei xunto ao seu pai, o tsar Nicolao II na Stavka. Como todo neno pequeno, ocasionalmente gastaba bromas aos invitados. Un exemplo ocorreu nunha cena formal, na que Aleksei quitou o zapato a unha invitada desde debaixo da mesa e ensinoullo aou seu pai. Nicolao pediulle tranquilamente que devolvera o "trofeo", o que Aleksei fixo tras poñer unha gran fresa madura na punta do mesmo.

Gilliard logrou convencer aos tsares para que permitiran un pouco máis de liberdade ao tsarévich, afirmando que isto axudaría ao rapaz a ter maior autonomía e a desenvolver mellor o autocontrol. Deste xeito Aleksei comezou a superar algunhas das súas debilidades anteriores. Os cortesáns afirmaron que a súa enfermidade fixo que Aleksei se preocupara máis polos danos que sufrían os demais. Durante a primeira guerra mundial, Aleksei viviu co seu pai durante longos períodos, no Cuartel Xeral do Exército en Mogilev, para poder observar a vida militar.Massie, p. 296 En decembro de 1916, o Maior Sir John Hanbury-Williams, xefe da delegación británica na Stavka, recibiu noticias da morte do seu fillo durante a foza expedicionaria británica en Francia. Nicolao enviou a Aleksei, entón de 12 anos, a que se sentara co xeneral e o tsarévich díxolle: "Papá díxome que viñera a sentar con vostede xa que pensou que podería sentirse só esta noite". Aleksei, como todos os homes da familia Romanov, creceu levando uniformes de mariñeiro e xogando á guerra desde que era moi novo. O seu pai comezou a preparalo para o seu futuro cargo como Tsar invitándoo a asistir as longas reunións cos ministros do goberno.

O tsarévich Aleksei foi un dos primeiros Boy Scouts de Rusia.

O coronel Mordinov recordaba a Aleksei:

miniatura|O Tsarévich Aleksei con uniforme do exército coa súa irmá a gran duquesa Tatiana Nikolaevna en 1917.

O arresto da Familia Imperial

miniatura|200px|dereita|O Tsar e Aleksei cortando leña en Tobolsk no 1918. A Familia Imperial foi arrestada trala Revolución de Febreiro de 1917, que resultou na abdicación do Tsar Nicolao II. Durante a catividade en Tobolks, Aleksei queixábase no seu diario do aburrimento e rogaba a Deus clemencia para el. Permitíaselle xogar co seu amigo Kolya Derevenko, fillo dun dos doutores de Aleksei Vladimir Derevenko, e co mozo de cociña Leonid Sednev. Aleksei tratou de danarse sufrindo unha gran hemorraxia que provocoulle un gran sufrimento, o que provocou que non puidera ser trasladado á Casa Ipatiev de Ekaterimburgo en abril de 1918 xunto aos seus pais e a súa irmá María, trala chegada ao poder dos bolxeviques. Aleksei e as súas outras irmás, Olga, Tatiana e Anastasia, uníronse ao resto da familia semanas máis tarde.King and Wilson, pp. 83–84 Por mor da hemorraxia tivo que utilizar unha cadeira de rodas nas semanas restantes da súa vida.

Morte

miniatura|A última imaxe coñecida de Aleksei e a súa irmá Olga abordo do buque Rus que os levou a Ekaterimburgo en maio de 1918.