O atol Farquhar é parte do Grupo Farquhar nas Seychelles. De 1965 á independencia das Seychelles en 1976, foron parte do Territorio Británico do Océano Índico. A área total dos atois, incluída a gran lagoa, é de 170´5 km². A superficie terrestre é de 7´5 km².

Farquhar destácase polas súas grandes dunas de area, algunhas das cales chegan a máis de dez metros de altura. O atol atópase a uns 770 km de Mahé e é a parte máis meridional das illas Seychelles. Foi descuberto en 1501 polo navegante portugués, Joan de Novoa.

O principal grupo de illas describen unha longa curva no lado leste do atol. As máis grandes son Île du Nord e a Île du Sud, coas illas menores do Manaha entre elas. Máis ao sur están as Goelettes. Para o lado oeste do atol atópase o pequeno grupo coñecido como Trois Îles. O atol consta de: Île du Nord. Île du Sud. Manaha Îles. Manaha Nord. Manaha Milieu. Manaha Sud. Goelettes. Trois Îles. Lapin. Île de Milieu. Depose. Bancs de Sable.

Hai un pequeno asentamento na Île du Nord (Illa do Norte).

330px|Mapa.

Categoría:Atois das Seychelles Categoría:Illas do Índico