O emiliano-romañolo (en emiliano-romañolo: Emiliàn e rumagnòl) ou sanmarinés é unha lingua románica do grupo galoitálico. Como ocorre co resto de linguas rexionais italianas, o emiliano-romañolo adoita ser referido como un dialecto do italiano, mais non só non provén deste senón que pertencen a familias lingüísticas distintas. Xa que logo, o emiliano-romañolo posúe morfoloxía, sintaxe e léxico de seu. O emiliano-romañol está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

É falado na Italia noroccidental, Piacenza, Rávena, na Emilia-Romaña, Padana, sur da Lombardía (Mantua e Pavia), norte de Toscana (Lunigiana) e provincia de Pésaro, ademais de no Estado de San Marino, onde en 1993 era falado polo 83% da súa poboación (20.100 habitantes). Con todo, o número de falantes na Emilia-Romaña estímase en 3 500 000 aprox. (dato de 1987).

Uso O uso do Emiliano-Romañolo no pasado foi estigmatizado nas zonas de emiliano-falantes debido a unha serie de razóns históricas e sociais, falar o "dialecto" considerábase un signo de mala educación ou de baixa condición social. Hoxe parece que está a perder as súas connotacións negativas, os falantes nativos utilízano en ámbitos familiares e de amizade. Esta lingua tamén é comunmente utilizada na industria ou nos lugares de traballo da construción, onde non é raro que os inmigrantes estranxeiros o falen cos compañeiros de traballo.

Dialectos Os dialectos do emiliano-romañolo divídense en dous compoñentes principais, o emiliano e o romañolo, cada un dos cales inclúen distintos subdialectos.

GrupoDialecto EmilianoEmiliano oriental (Piacentino e Pavese-Vogherese)LunigianoCarrareseMassese Emiliano centro-oriental (Parmigiano)Emiliano central (Reggiano e Modenese)Emiliano do sur (Boloñés)Emiliano noroccidental (Ferrarese e Mantovano)RomañoloRomañolo do norteRomañolo do sur

Exemplos de vocabulario Si - Sé, Ói (boloñés), Sì (piacentino) Non - Nå (boloñés), No (piacentino) Quérote - A t vói bän (boloñés), A t' vöi bëin (piacentino) Grazas - A t aringrâzi (boloñés), A t' ringrasi (piacentino) Bo día - Bån dé (boloñés), Bon giùran (piacentino) Adeus - A se vdrän (boloñés), Arvëdas (piacentino) Eu - Mé, A (boloñés), Me, Mi (piacentino) E - E Canto é? - Quant véńnel? csa cåsstel? (boloñés), cus al custa, quant al custa, cus al vegna? (piacentino) Como te chamas? - Cum t ciâmet? (boloñés), cma ta ciamat? (piacentino) Chámome... - A m ciâm ... (boloñés), me/mi a m' ciam... (piacentino) Árbore - Âlber (boloñés); pianta, ärbul (piacentino) Cidade - Zitè Café - Cafà (boloñés), café (piacentino) Viño - Vén (boloñés), vëin (piacentino) Auga - Âcua Sol - Såul (boloñés), sul (piacentino) Linguaxe - Längua (boloñés), lëingua (piacentino) Mundo - Månnd Paz - Pèś

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en emiliano-romañolo Ligazóns externas Emiliano-romañolo en Ethnologue Sitio web no dialecto boloñés Sitio web no dialecto piacentino Sitio web no dialecto romañolo

Categoría:Linguas galoitálicas Categoría:Linguas de Italia Categoría:Linguas de San Marino