Arenas del Rey é un concello español da provincia de Granada. Está situado na parte centro-sur da comarca de Alhama. Limita cos municipios de Cacín, Agrón, Jayena, Fornes, Játar e Alhama de Granada. O concello arenusco comprende os núcleos de poboación de Arenas del Rey e o Poblado del Embalse (situado xunto ao encoro de Los Bermejales). Arenas del Rey atópase na vertente norte da Serra da Almijara, no val do río Cacín.
Historia 250px|dereita|miniatura|A Igrexa de San Sebastián vista desde a praza Alfonso XII Existen vestixios da presenza dos romanos así coma do largo dominio musulmán e tamén da posterior recolonización cristiá tras a guerra pola Reconquista de Granada. No século XIX tivo especial protagonismo o municipio pola presenza nas súas terras de tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia. Arenas del Rey foi constituído coma municipio independente por distinción de Carlos III. O núcleo urbano onde se asentaba a antiga poboación foi destruído totalmente polo terremoto de 1884 e reconstruíuse durante os últimos anos dese mesmo século XIX grazas ás achegas recibidas desde practicamente toda España co decidido apoio á iniciativa por parte de Afonso XII.
Demografía Segundo o INE, no ano 2024 tiña unha poboación de 610 habitantes.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Concellos da provincia de Granada Categoría:Comarca de Alhama