Lughnasadh, Lughnasa ou Lúnasa é unha festa celta celebrada o 1 de agosto, durante a tempada de maduración da colleita local de froitas, ou durante o plenilunio preto do punto medio entre o solsticio de verán e o equinoccio de outono.
Etimoloxía
No antigo irlandés o nome do festival era (ˈl̪ˠʊɣnˠəsˠəd̪ˠ). Esta é unha combinación de (o deus Lugh) e (unha asemblea), que é átono cando se usa como sufixo. Outra teoría é que se orixinou da palabra nás (morte), no canto de násad. As grafías posteriores inclúen , e .
En irlandés moderno a forma é (ˈl̪ˠuːnˠəsˠə), que tamén é o nome do mes de agosto. No caso xenitivo tamén é como en (mes de agosto) e (día de Lúnasa). En escocés moderno (), tanto o festival como o mes reciben o nome de (ˈl̪ˠuːnəs̪t̪əl̪ˠ). En manx (), tanto o festival como o mes chámanse . O propio día pode referirse como ou .
En galés (), coñécese o día como , orixinalmente un termo do latín, que quere dicir calendas de agosto. En bretón (), o día coñécese como , a festa de agosto.
O Lughnasadh na Wicca
Na Wicca, Lughnasadh é celebrado, e tamén é coñecido co nome de Lammas. Lughnasadh é celebrado entre os neopagáns de moitas maneiras e con diferentes nomes. Como as formas de paganismo poden ser totalmente diferentes e ter diferentes orixes, estas representacións poden variar considerablemente pese ó nome común. Algúns celébrano dunha maneira o máis preto posíbel de como o celebraban os antigos celtas e as culturas célticas actuais mantiveron as tradicións. Outros celebran a festividade con rituais tomados de numerosas outras fontes e a cultura celta é só unha delas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Mitoloxía galega Categoría:Mitoloxía irlandesa Categoría:Mitoloxía escocesa Categoría:Folk Categoría:Wicca