Rodrigo Pacheco y Osorio, nado en Ciudad Rodrigo, Salamanca en 1565, e finado en Madrid o 16 de abril de 1652, foi un aristócrata e inquisidor castelán, terceiro marqués de Cerralvo. Foi vicerrei de México dende o 3 de novembro de 1624Orozco Linares, 1985; 82 e ostentou o cargo de Gobernador e Capitán Xeneral do Reino de Galicia entre os anos 1615 e 1624.
Traxectoria Fillo de Juan Pacheco de Toledo e Inés de Toledo, foi gobernador e capitán xeneral do reino de Galiza entre os anos 1615 e 1624, foi nomeado vicerrei de Nova España o 3 de novembro de 1624. A súa primeira acción como vicerrei foi prender unha flotilla holandesa que pretendía invadir o porto de Acapulco, poñendo en estado de defensa ao devandito porto para evitar unha invasión holandesa ou francesa, xa que o Imperio dos Habsburgo se atopaba en guerra con estes países. Neste período a cidade de México tivo a peor inundación da súa historia. Pensouse mesmo que a cidade desaparecería, pois a auga ascendeu até os 2 metros e tardou máis de catro anos en retirarse por completo.
Como as incursións de indios alzados producíanse no norte do Nuevo Reino de León, foi fundado un presidio ao que se chamou Cerralvo en honra do vicerrei.
En 1635 regresou Rodrigo Pacheco á Península Ibérica para ser embaixador en Viena.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Capitáns Xenerais de Galicia Categoría:Século XVII en Galicia Categoría:Historia de México Categoría:Nados en 1565 Categoría:Finados en 1652 Categoría:Vicerreis de Nova España Categoría:Inquisidores Categoría:Nados en Ciudad Rodrigo