Robert Gabriel Mugabe, nado o 21 de febreiro de 1924 nunha localidade a carón de Harare chamada Kutama e finado en Singapur o 6 de setembro de 2019, foi un político e militar de Zimbabwe que ocupou o cargo de Primeiro Ministro do país entre o 18 de abril de 1980 e o 31 de decembro de 1987, e o de Presidente da República de Zimbabwe dende o 31 de decembro de 1987 ata o 21 de novembro de 2017.

Traxectoria Malia ser reelixido para o cargo en varias ocasións, a oposición ten denunciado a existencia dunha violenta represión e múltiples fraudes electorais, as mais recentes en 2002 e 2008. Moitos medios de comunicación internacionais consideran a Mugabe un ditador no sentido contemporáneo do termo, e o principal responsable da profunda crise económica e humanitaria que padece Zimbabwe, así como do masacre étnico que tivo lugar nos anos 80 sobre o pobo matabele e na que perderon a vida mais de 20.000 persoas.

En novembro de 2017 destituíu o seu vicepresidente, Emmerson Mnangagwa, que fuxiu a Suráfrica. Pouco despois, o xeneral Constantino Chiwenga, apoiado por elementos das Forzas de Defensa de Zimbabwe e membros da facción de Mnangagwa, coñecida como Lacoste, deu un golpe. Despois de perder o apoio do ZANU-PF, Mugabe dimitiu, e Mnangagwa regresou a Zimbabwe para asumir a presidencia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Goberno de Zimbabwe

Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados en Harare Categoría:Primeiros ministros de Zimbabwe Categoría:Presidentes de Zimbabwe Categoría:Secretarios xerais do Movemento de Países Non Aliñados