A catedral de Canterbury é unha das máis antigas e famosas estruturas cristiás en Inglaterra. É a catedral do arcebispo anglicano de Canterbury, o primado de toda Inglaterra e o líder relixioso da Igrexa de Inglaterra. Esta igrexa nai da Diocese de Canterbury (ó leste de Kent) é unha das estruturas cristiás máis antigas de Inglaterra é o foco da Relixión Anglicana. O seu título formal en inglés é Cathedral and Metropolitical Church of Christ at Canterbury (Catedral e Igrexa Metropolitana de Cristo, Canterbury).

Fundada no ano 597, a catedral foi completamente reconstruída entre 1070 e 1077. O extremo leste foi moi ampliado a principios do século XII e reconstruído en gran parte en estilo gótico tras un incendio en 1174, con importantes ampliacións cara ao leste para dar cabida ao fluxo de peregrinos que visitaban o santuario de Thomas Becket, o arcebispo que foi asasinado na catedral en 1170. A nave e os transeptos normandos sobreviviron ata finais do século XIV, cando foron demolidos para dar paso ás estruturas actuais.

Antes da Reforma inglesa, a catedral formaba parte dunha comunidade monástica beneditina coñecida como Christ Church, Canterbury, ademais de ser a sede do arcebispo.

Foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1988, xunto á abadía de San Agostiño e igrexa de San Martiño, tamén en Canterbury.

Galería

Notas

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Sacred Destinations: Canterbury Cathedral Details on bell towers Canterbury Cathedral on Adrian Fletcher’s Paradoxplace BBC news item re. Caen stone sourced for cathedral repairs Fotos e planos da Catedral de Canterbury

Categoría:Patrimonio da Humanidade no Reino Unido Categoría:Peregrinación Categoría:Antigas igrexas católicas Categoría:Igrexas anglicanas do Reino Unido