Juan Antonio Moguel Urquiza, nado en 1745, finado en 1804, foi un sacerdote e escritor vasco.
Moguel foi unha figura relevante da intelectualidade vasca do século XIX. Realizou diversos estudos sobre a orixe da lingua vasca e a súa relación coas outras linguas prerrománicas e románicas. Realizou diversas obras en éuscaro e en castelán. Entre elas destaca Peru Abarca, que se pode considerar a primeira novela escrita en éuscaro. miniatura|Igrexa de San Andrés en Éibar, vila natal de Mogel. Biografía Naceu en Éibar, Guipúscoa, País Vasco en 1745. Foi ordenado sacerdote en 1770 e destinado como párroco a Xemín, barrio de Markina. Foi membro da "Real Sociedad Bascongada de Amigos del País" e mantivo abundantes relacións coa elite intelectual daquel tempo (Peñaflorida, Samaniego, Astarloa, J.M. Aguirre, Humboldt ou Vargas Ponce). Humboldt dicía que Juan Antonio Moguel é un dos lingüistas máis doutos de Biscaia. Morreu en Markina (Biscaia) en 1804 á idade de 59 anos.
Foi tío de dous coñecidos escritores en éuscaro: Joan Jose e Bizenta Moguel.
Obras A obra de Juan Antonio Moguel foi extensa e divídese tradicionalmente pola temática dos seus traballos: miniatura|300px|Insausti jauregia, sede da Real Sociedad Bascongada de Amigos del País. Lingüística "Historia y geografía de España ilustrada por el idioma Vascuence" (1800) "Cartas y disertaciones de D. Juan Antonio Moguel sobre la lengua vascongada" publicadas en Alemaña en 1847 e en Madrid
Nestes dous estudos realizados en castelán sobre a historia e o éuscaro expuxo a tese do vascoiberismo, onde se emparentaba o éuscaro coas linguas ibéricas prerromanas e doutros lugares de Europa. Xustificaba o seu discurso co estudo da etimoloxía do éuscaro e a toponimia peninsular.
"Nomenclatura de voces guipuzcoanas, sus correspondientes vizcaínas y castellanas, para que el puedan entender ambos dialectos": Esta obra escribiuna defendendo e aclarando o uso do éuscaro e as relaciones entre distintos dialectos, así como co castelán e o latín. "Demostración práctica de la pureza, fecundidad y elocuencia del idioma Bascuence contra las preocupaciones de varios escritores extraños y contra algunos Bascongados, que sólo tienen noticia superficial del idioma patrio"(1802): contén traducións ao éuscaro guipuscoano de discursos de autores latinos recoñecidos.
Relixión Escribiu e traduciu diferentes obras relixiosas, a primeira no dialecto guipuscoano e as outras dúas en biscaíño:
"Konfesio eta Komunioko Sakramentuen gañean erakasteak" (1800) "Konfesio ona" (1803) "Kristinauaren jakinbidea" (1805)
Filosofía "Pascalen gogamenak" (1899): Escrito en dialecto biscaíño, Resurrección María de Azkue publicou este traballo de tradución na revista Euskaltzale. Recóllense as reflexións filosóficas de Blaise Pascal, escritor francés do século XVII.
Literatura "Alegiak" (1980, 1995): A maioría de escritos que se recollen baixo este nome son traducións e adaptacións das fábulas de Esopo e Fedro. "El doctor Peru Abarca, catedrático de la lengua bascongada en la Universidad de Basarte o Diálogos entre un rústico solitario bascongado y un barbero callejero llamado Maisu Juan" (1802): Considerada a primeira novela en éuscaro, é a obra máis coñecida deste autor, a súa obra capital. Foi impresa oitenta anos despois de ser escrita e foi publicada en castelán en 1899. É coñecida como Peru Abarka. Mediante os diálogos entre un sabio e virtuoso labrego e un barbeiro ignorante, Mogel ofrece un estimable tratado de etnografía, dando a coñecer os nomes de animais e plantas, os diferentes traballos e os hábitos sociais no País Vasco rural do século XIX.
Véxase tamén Bibliografía Enciclopedia General Ilustrada del País Vasco. Editorial Auñamendi (1996) ISBN 84-7025-147-3. 2.Euskara eta Literatura. Elkar. Elgoibarko Euskara Mintegia.
Categoría:Tradutores de España Categoría:Escritores en lingua éuscara Categoría:Lingüistas da lingua éuscara