Panchés é unha aldea da parroquia de San Mamede de Carnota no concello coruñés de Carnota.Segundo datos do IGE do 2009 ten 118 habitantes (51 homes e 67 mulleres). Limita ao norte co lugar da Curra e ao sur co lugar de Caldebarcos.
Xentilicio O seu xentilicio é o mesmo que o propio topónimo: panchés.
Lugares de interese O principal atractivo de Panchés reside nunha arquitectura tradicional galega con casas de pedra e hórreos (cabaceiras) graníticos. As vistas dende o lugar cara ao Atlántico permiten albiscar o faro de Fisterra e máis a praia de Carnota.
Está situado tamén moi próximo á Moa, monte situado dentro da zona especial de conservación (ZEC) Carnota - Monte Pindo da Rede Natura 2000Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral. Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Anexo IV: Espazos da Área Litoral. LIC Carnota-Monte Pindo.
Praias Posúe varias praias: a principal, a Praia da Insuela e dúas enseadas, a Praia do Gramelo e o Rego da Braña, de grande interese pesqueiro e sobre todo marisqueiro: percebes, mexillón, centola, nécora, ourizos, boi de mar, e outros.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de San Mamede de Carnota
Parroquias de Carnota
Notas
Categoría:Lugares de Carnota