San Mamede de Carnota é unha parroquia do concello coruñés de Carnota, situado entre Santa Comba e O Pindo. En 2010 tiña 1.320 habitantes (600 homes e 720 mulleres).

Patrimonio A súa igrexa parroquial foi construída en 1755 e deseñada polo arquitecto Miguel Ferro Caaveiro. De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Varios dos retablos foron creados polos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino. A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Mamede de Carnota

Parroquias de Carnota

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Carnota

Categoría:Parroquias de Carnota Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Mamede