Antonio García Hermida, nado en Vilalba o 7 de abril de 1885 e finado na mesma vila o 4 de setembro de 1939, foi un escritor e xornalista galego.
Traxectoria En 1902 editou en Vilalba o xornal manuscrito Ideal Villalbés, colaborou en El Eco de Villalba e fundou e dirixiu os periódicos Azul y Blanco e Heraldo de Villalba. Tamén colaborou en Ilustración Gallega. Asinou os seus escritos cos pseudónimos D'Aponte, Garcimida e Ragrech. Militou nas Irmandades da Fala, sendo secretario da Irmandade de Vilalba.
Foi pai do escritor Xosé Luís García Mato, que recolleu os seus poemas e contos e os publicou en 1973 co título Charetas. alt=Placa en conmemoración da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba|miniatura|Placa en conmemoración da constitución da Irmandade da Fala de Vilalba Obra Los niños y los árboles, 1914. La herencia de Juanillo, 1914. El jardín de Roberto, 1919 (premiado polo Ateneo-Biblioteca de Ribadeo). El huérfano y la esperanza (diálogo en verso). Charetas, 1973.
Véxase tamén Bibliografía
Santos Gayoso, Enrique (2002). Diccionario de seudónimos y apodos gallegos. Santiago de Compostela: Nino - Centro de impresion digital. ISBN 84-688-0795-8.
Outros artigos Lista de pseudónimos e sobrenomes galegos Ligazóns externas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Xornalistas de Vilalba Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua galega