O Franco suízo (Código ISO 4217: CHF) é a moeda de curso legal na Suíza e Liechtenstein. Aínda que o seu peso na economía mundial non pode ser comparado ao do euro ou ao do dólar, a estabilidade do país ao que pertence faina ser tida en conta como unha "moeda refuxio",A alternativa ao Euribor sobre todo despois da apreciación respecto da moeda europea desde abril até setembro de 2000. O seu valor rolda os dous terzos de euro.

O franco (alemán: Franken, francés: franc, italiano: franco, en romanche: franc) divídese en 100 céntimos (alemán: Rappen, francés: centimes, italiano: centesimi, romanche: rap). O nome do país "Confederación Suíza" atópase escrito en latín nalgunhas moedas (Confoederatio Helvetica), do cal deriva as súas siglas ISO, para preservar a neutralidade entre as distintas comunidades lingüísticas.

Historia O franco suízo é o resultado da unión monetaria realizada entre os cantóns suízos en 1850, substituíndo as moedas cantonais e rexionais. O seu valor inicial era igual ao do franco francés. Entre 1865 e 1927 a Unión Monetaria Latina unía tamén o Franco francés, a Lira italiana, o Franco belga e o franco suízos (seguidos da Dracma gregas e a Peseta española), que podían teoricamente ser utilizados indiferentemente en cada un dos catro países.

No 1919, cando Liechtenstein aboliu a unión aduaneira coa Austria, é adoptado o franco suízo como moeda oficial no principado.

Moedas

Aquí atópase a lista das moedas actualmente en circulación:

10 céntimos. 20 céntimos. ½ franco (50 céntimos). 1 franco. 2 francos. 5 francos.

Existen moedas conmemorativas de 5, 20, 100 e 200 francos e poden ser utilizadas para transaccións comerciais, aínda que excepcionalmente. A moeda de 2 céntimos foi abolida no 1970. O Banco Nacional Suízo propuxo a abolición das moedas de 5 céntimos, posto que a súa fabricación custa 6 céntimos e non é aceptada nas máquinas automáticas. Diferentes moedas actuais ReversoAnversoDescrición120px120pxEscudo suízo coa flor da edelweiss á esquerda, xencianas (Gentiana lutea) á dereita ; Personaxe: Guillermo Tell, heroe nacional. 120px120pxCoroa de follas de carballo á esquerda e xencianas (Gentiana lutea) á dereitaa ; Personaxe: Helvetia, a nai patria.120px120pxídem que a peza de 2CHF120px120pxídem que a peza de 2CHF120px120pxUnha coroa de xencianas (Gentiana lutea); Helvetia, vista de perfil e tendo unha coroa coa inscrición de Liberta (liberdade).120pxUnha coroa de follas de carballo ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos120px120pxUnha coroa de follas de vide e uvas ; Personaxe: ídem que a peza de 20 céntimos

Longa duración As pezas máis vellas aínda en circulación son as de 10 céntimos, que desde 1879 se atopan en circulación e ás cales non se lles cambiou o motivo. Hoxe todas están feitas dunha aliaxe de cobre e níquel, fóra das dun céntimo (bronce) do mesmo xeito que a de 5 céntimos (bronce de aluminio).

As moedas de 50 céntimos, 1, 2 e 5 CHF eran de prata até 1968. O tamaño das moedas de 5 CHF foi reducida no 1936 despois da desvalorización do franco suízo.

Billetes

Os billetes de banco actuais teñen seis valores, no anverso amósase un persoeiro artístico do país e no reverso, en representación gráfica, un par das súas obras máis destacadas.

+8ª serie (1995-1998) Imaxe do anverso Imaxe do reverso Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso100px100px10 francosAmarelo126 × 74 mmLe Corbusier100px100px20 francosRosa137 × 74 mmArthur Honegger100px100px50 francosVerde148 × 74 mmSophie Taeuber-Arp100px100px100 francosAzul159 × 74 mmAlberto Giacometti100px100px200 francosMarrón170 × 74 mmCharles Ferdinand Ramuz100px100px1.000 francosVioleta181 × 74 mmJacob Burckhardt

Esta serie, que entrou en circulación entre 1995 e 1998, puxo fin á anterior, que contiña un billete de 500 francos en lugar do de 200 francos. No 2005 o Banco Nacional Suízo anunciou que comezara o desenvolvemento da novena serie de billetes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moedas do franco suízo Rappen Batz Vreneli Fritz Ulysse Landry

Ligazóns externas Fotogalería das moedas Fotogalería dos billetes Cotización respecto ao euro Moedas de Suíza (catálogo e galería) Franco suízo - Billetes de Suíza

Categoría:Franco (moeda) Categoría:Moedas de Suíza Categoría:Moedas de Liechtenstein Categoría:ISO 4217