A Asociación Deportiva Xiria é un club polideportivo da cidade de Carballo, A Coruña (Galiza) que conta na actualidade con equipos federados de balonmán, baloncesto, xadrez e voleibol. Fundada en 1983 tamén contou con seccións de atletismo e tenis de mesa, que finalmente acabarían por desaparecer.
O primeiro deporte federado da asociación foi o voleibol, presentándose cun equipo en categoría infantil masculina que chagou disputar o Campionato de España ese mesmo ano. Posteriormente foron aparecendo novas seccións, das que algunhas desapareceron e outras foron medrando no seu número de equipos e nivel deportivo, o que levou á asociación a separar as partidas económicas e que cada unha delas se autoxestionara.
Histora A asociación naceu no ano 1983 co obxectivo de promover os chamados “deportes minoritarios” en Carballo, que daquela tiña unha poboación duns 13 000 habitantes e contaba cun equipo de baloncesto e outro de balonmán que aparecían e desaparecían sen asentarse.
O primeiro deporte federado da asociación foi o voleibol, presentándose cun equipo en categoría infantil masculina que chagou disputar o Campionato de España ese mesmo ano. Co tempo fóronse creando novas seccións de balonmán, baloncesto, tenis de mesa, xadrez e atletismo, se ben algunhas delas acabaron desaparecendo.
En 2006, durante a presidencia de Luciano Calvo Pumpido, e ante o crecemento experimentado polas distintas seccións da asociación, fíxose preciso separar de xeito claro as partidas económicas de cada unha delas. Este feito fixo que cada unha das seccións pasara a autoxestionarse, e as seccións de baloncesto e balonmán pasaron a chamarse Escola Basket Xiria e Escolas Balonmán Xiria respectivamente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da AD Xiria
Categoría:AD Xiria