Andrés García Vilariño, nado en Carballo, provincia da Coruña, en 1946, é un escritor e sacerdote galego.

Traxectoria Estudou no seminario de Santiago. Con 24 anos di a súa primeira misa e dende aquela anda entre rapaces. Colaborou na revisión lingüística da tradución galega da Biblia e é director do programa da TVG A Sentinela, director do programa da TVG Santa Misa e profesor na Facultade de Maxisterio da Coruña.

Obras Literatura infanto-xuvenil O globo máxico, 1987, S. M. Miro, 1987, S. M. Traducida ao castelán polo propio autor. O segredo do novicio, 1992, Xerais. O crocodilo na habitación, 1994, Edebé. Traducida ao castelán polo propio autor,en escritura braille e ao éuscaro.

Obras colectivas O deus desaparecido, 1991. Con Pepe Carballude. Tres triscadas, 1993, Xunta de Galicia.

Premios Segundo Premio O Barco de Vapor no 1984, por Miro. Primeiro Premio O Barco de Vapor no 1987, por O globo máxico. Primeiro Premio O Barco de Vapor no 1990, por O deus desaparecido, xunto a Pepe Carballude.

Categoría: Escritores en lingua galega Categoría: Escritores de Galicia Categoría: Nados en Carballo Categoría: Nados en 1946 Categoría: Sacerdotes católicos de Galicia Categoría: Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes