1956 (MCMLVI) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos miniatura|300px|Emigrantes galegos en Chimbote, Perú, en 1956. Álvaro Cunqueiro publica As crónicas do sochantre 1 de xaneiro: Sudán independízase do Reino Unido. 25 e 26 de xaneiro :Tropas de Finlandia reocupan Porkkala. 14 de febreiro: Nikita Khrushchev denuncia no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética (PCUS) ao réxime de Iosif Stalin por medio do chamado Discurso Secreto. 2 de marzo: Marrocos alcanza a independencia de Francia. 20 de marzo: Tunisia alcanza a independencia de Francia. 29 de marzo: o exministro László Rajk, executado en 1949, é rehabilitado. 7 de abril: finaliza o protectorado español de Marrocos ao recoñecer España a independencia de Marrocos. 19 de abril: a actriz estadounidense Grace Kelly casa co príncipe Rainiero III de Mónaco 23 de xuño: Gamal Abdel Nasser convértese no segundo presidente de Exipto. 4 de xullo: Imre Nagy é expulsado do Partido Comunista de Hungría. 15 de outubro: Fidel Castro e Che Guevara parten de Tuxpan, México, rumbo a Santiago de Cuba a bordo do Granma con 82 homes. 15 de outubro: o sacerdote Jesús Silva funda en Bemposta, Ourense, a Nación dos Muchachos. 23 de outubro: comeza a insurrección popular en Budapest. 29 de outubro: Israel invade a Península do Sinaí. 31 de outubro: o Reino Unido e Francia comezan a bombardear Exipto para forzar a reapertura do Canal de Suez. 1 de novembro: confiado no apoio occidental, Imre Nagy retira Hungría do Pacto de Varsovia. 4 de novembro: tropas do Pacto de Varsovia invaden Hungría. 7 de novembro: János Kádár anuncia a formación dun goberno revolucionario. Comeza unha ditadura comunista, dirixida por Kádár. 13 de novembro: fin da revolución húngara: centenas de húngaros son executados, 2000 son presos, e uns 200 000 refúxianse en Austria. Imre Nagy refúxiase na embaixada de Iugoslavia. 28 de decembro: accidente ferroviario entre a estación de Quereño (Rubiá) e a estación de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) ao descarrilar o expreso Madrid-A Coruña. Cinco persoas mortas e 49 feridas"Resultan seis personas muertas y cuarenta y nueve heridas al descarrilar el expreso Madrid – Galicia cerca de Quereño (Orense)", ABC, 29 de decembro de 1956, pp. 55 e 56..

Ciencia e tecnoloxía Manuel Jalón Corominas crea unha empresa, en Zaragoza para fabricar as primeiras fregonas que ideara el mesmo.

Nacementos 3 de xaneiro - Mel Gibson, actor e director estadounidense. 4 de xaneiro - Bernard Sumner, guitarrista de Joy Division, New Order e Electronic. 10 de xaneiro - Antonio Muñoz Molina, xornalista e escritor español. 10 de xaneiro - Suso de Toro, escritor galego. 12 de xaneiro - Nikolai Noskov, músico e cantante. 13 de xaneiro - Jacob Wallenberg, empresario sueco. 14 de xaneiro - Shamil Basáyev, líder guerrilleiro checheno. 21 de xaneiro - Geena Davis, actriz estadounidense. 31 de xaneiro - Johnny Rotten, cantante inglés (Sex Pistols) 3 de febreiro - Lee Ranaldo, roqueiro estadounidense. 7 de febreiro - María Angélica Ayllón Urbina, intérprete e folclorista peruana. 13 de febreiro - Peter Hook, baixista de Joy Division, New Order e Monaco. 14 de febreiro - Katharina Fritsch, escultora alemá. 19 de febreiro - Roderick MacKinnon, bioquímico estadounidense, Premio Nobel de Química 22 de febreiro - Gijs de Vries, político holandés. 24 de febreiro - Judith Butler, pensadora feminista estadounidense. 25 de febreiro - Pascale Boniface, politicólogo francés. 28 de febreiro - Tommy Remengesau, político de Palau. 29 de febreiro - Agustín Rajoy Feijoo, político galego. 23 de marzo - José Manuel Durão Barroso, primeiro ministro de Portugal. 27 de marzo - Pablo Quintana López, músico, investigador e divulgador do patrimonio cultural galego. 6 de abril - Claudio Rodríguez Fer, escritor galego. 16 de abril - Xosé Benito Reza, enxeñeiro de montes e escritor galego. 25 de abril - Xosé Ramón Gayoso, presentador de televisión galego 29 de abril - Xurxo Lobato, fotógrafo galego 30 de abril - Lars von Trier, cineasta danés. 7 de maio - Jan Peter Balkenende, primeiro ministro dos Países Baixos 7 de maio - Stuart Scott Bullock, actor estadounidense 15 de maio - Mirek Topolánek, primeiro ministro da República Checa 1 de xuño - Mircea Cărtărescu, escritor romanés. 29 de xuño - Pedro Santana Lopes, primeiro ministro de Portugal 17 de agosto - Álvaro Pino, ciclista galego 13 de setembro - Anne Geddes - fotógrafa australiana 17 de setembro - Francesc Capdevila, alias Max, creador de banda deseñada español. 11 de outubro - Nicanor Duarte Frutos, presidente de Paraguai 20 de outubro - Danny Boyle, director de cine británico. 9 de decembro - Jean-Pierre Thiollet, escritor francés.

Mortes 3 de xaneiro - José Antonio Muñiz Álvarez, político galego (n. 1883). 7 de xaneiro - Margaret MacDonald, filósofa analítica (n. 1903). 18 de xaneiro - Konstantin Päts, presidente de Estonia (n. 1874). 31 de xaneiro - Robustiano Fernández Cochón, arquitecto galego (n. 1907). 16 de febreiro - Desiderio Comesaña Prado, anarcosindicalista galego (n. 1900). 2 de marzo - José Alguero Penedo, notario e xornalista galego (n. 1872). 17 de marzo - Irène Joliot-Curie, científica francesa, premio Nobel de Química en 1935 (n.1897). 15 de abril - Emil Nolde, pintor expresionista alemán.

19 de abril - Ernst Robert Curtius, filólogo e romanista alemán. 11 de maio - Walter Sydney Adams, astrónomo estadounidense.

13 de maio - Alexander Alexandrovich Fadeyev, escritor soviético (n. 1956) 24 de maio - Enrique Muíño, actor galego.

3 de xullo - Ramón Beade Méndez, político galego (n. 1900). 7 de xullo - Gottfried Benn, escritor alemán. 8 de xullo - Giovanni Papini, escritor italiano. 11 de agosto - Jackson Pollock, pintor estadounidense (n. 1911). 14 de agosto - Bertolt Brecht, dramaturgo alemán (n. 1898). 24 de agosto - Kenji Mizoguchi, director de cine xaponés. 22 de setembro - Frederick Soddy, químico británico, premio Nobel de Química en 1921 (n.1877). 25 de outubro - Risto Ryti, presidente de Finlandia (n. 1889). 28 de outubro - Zenobia Camprubí, escritora e lingüista española (n. 1887). 30 de outubro - Pío Baroja, novelista español. 4 de novembro - Art Tatum, pianista de jazz estadounidense (n. 1909). 12 de novembro - Juan Negrín, político español, primeiro ministro da Segunda República (n. 1887). 26 de novembro - Tommy Dorsey, músico estadounidense (n. 1905). 3 de decembro - Alexander Rodchenko, escultor, pintor, deseñador gráfico e fotógrafo ruso. 14 de decembro - Juho Kusti Paasikivi, presidente de Finlandia (n. 1870).

Premios Nobel Física: William Bradford Shockley, John Bardeen e Walter Houser Brattain Química: Cyril Norman Hinshelwood e Nikolay Semyonov Fisioloxía ou Medicina: André F. Cournand, Werner Forssmann e Dickinson W. Richards Literatura: Juan Ramón Jiménez Paz: Non concedido

Outros

Historia ano a ano

Notas

Categoría:1956