Marcel Joseph Moyse, nado o 17 de maio de 1889 e finado o 1 de novembro de 1984, foi un famoso frautista francés para o que se escribiron moitas pezas (por exemplo, o Concerto de Jacques Ibert en 1934). Tamén foi un gran mestre de frauta e autor de numerosos estudos e exercicios de frauta.
Traxectoria Naceu en St. Amour, Francia. Estudou no Conservatorio de París e foi alumno de Philippe Gaubert, Adolphe Hennebains e Claude-Paul Taffanel, que eran distinguidos virtuosos do seu tempo. O seu ton característico era limpo, flexible e penetrante. Este era o estilo francés de frauta que ía influenciar no criterio moderno dos frautistas de todo o mundo.
Marcel Moyse foi o fundador da Academia de Música e Festival Marlboro. Era un inspirado mestre que se esforzaba en ensinar aos seus alumnos non como tocar a frauta mais facer música. Actuaba decotío xunto ao seu fillo Louis Moyse (1912-2007). Algúns dos seus alumnos foron Trevor Wye, William Bennett, Sir James Galway, Jean-Claude Gérard e Conrad Klemm.
Marcel Moyse finou o 1 de novembro de 1984 en Brattleboro, Vermont, en Estados Unidos.
Entre os moitos estudos que escribiu, destaca Tone Development Through Interpretation, publicado por McGinnis & Marx.
Publicacións 1921 Etudes et Exercises Technique 1922 Exercises Journaliers 1927 24 Etudes de Virtuosity Czerny Mecanisme Chromatisme pour Flute : Leduc Ecole de l'articulation : Leduc 1928 25 Etudes Melodique (Var) Chopin : 12 Etudes de Grand Virtuosity : Leduc 20 Etudes d'apres Kreutzer 100 Etudes faciles et progressives d'apres Cramer : Vol 1 100 Etudes faciles et progressives d'apres Cramer : Vol 2 24 Petites Etudes Melodique (Var) 1934 De la Sonorite Outros 25 Etudes Journalier (Op-53) Soussman Gammes et Arpeges : Leduc Le Debutant Flutiste (1935) 24 Caprices-Etudes : Boehm Op. 26 (1938) Tone Development Through Interpretation 20 Exercises et Etudes sur les Grandes Liaisons
Gravacións As Obras Completas do Grande Frautista - unha caixa de cinco CDs de gravacións restauradas e remasterizadas, incluíndo os seus estudos e os de Andersen, solos de frauta e música de cámara.
Arquivos Os documentos de Marcel Moyse están na División de Música da Biblioteca Pública de Nova York para as Artes escénicas, en Nova York. A colección inclúe: fotografías inéditas; cartas a Moyse de músicos coñecidos como Gaubert, Ibert ou Rampal; manuscritos dos libros de estudo non publicados; son e cintas de vídeo de leccións e clases maxistrais.
Véxase tamén Outros artigos Louis Moyse
Ligazóns externas Marcel Moyse en flutehistory.com Sociedade Marcel Moyse Documentos de Marcel Moyse División de Música da Biblioteca Pública de Nova York para as Artes Escénicas
Categoría:Frautistas Categoría:Músicos de Francia Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados no departamento de Jura