Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares (Provincia de Málaga) o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza",O Parlamento de Andalucía aprobou de xeito unánime en 1983 que no Preámbulo do Estatuto de Autonomía de Andalucía, se recoñecera a Blas Infante como «Pai da Patria Andaluza». Recoñecemento que é revalidado na reforma do Estatuto de Autonomía, sometida a Referéndum popular o 18 de febreiro de 2007. por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.

Traxectoria O seu pai, Luís Infante Andrade, licenciado en Dereito, foi secretario do Xulgado de Casares, e a súa nai, Ginesa Pérez de Vargas, viña dunha familia de labradores de clase media. Estuda o bacharelato nos Escolapios de Archidona ata 1899. A familia Infante pasou polos apuros comúns dos andaluces do 1898, a crise económica da perda de Cuba e Filipinas tralos gastos da guerra sacode con forza. Blas ten que deixar a escola por motivos económicos e remata o bacharelato por libre. miniatura|Monumento a Blas Infante en Archidona, onde residiu entre 1896 e 1899.

Desde 1900 traballa como escribano no Xulgado de Casares, ó tempo que estuda na Facultade de Dereito da Universidade de Granada á que viaxaba en xuño e setembro para examinarse como alumno libre. Finaliza a carreira en 1906.

Tras aprobar as oposicións en 1909, exerce como notario en Cantillana (Sevilla) a partir de 1910, o que aproveita para entrar en contacto co ambiente intelectual sevillano e coas ideas políticas rexionalistas, especialmente cos membros do ateneo sevillano. Reforza o seu coñecemento das xentes de Andalucía exercendo a súa función de notario noutras localidades como Isla Cristina durante os anos 20.

Ó poder observar o estado dos xornaleiros andaluces queda fortemente impresionado, chegando a escribir anos máis tarde:

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bandeira de Andalucía Escudo de Andalucía Himno de Andalucía

Ligazóns externas Fundación Blas Infante Casa-Museo de Blas Infante no sitio web do Centro de Estudios Andaluces Blas Infante e o andalucismo histórico

Categoría:Políticos de Andalucía Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Nacionalistas andaluces Categoría:Nados na provincia de Málaga Categoría:Krausistas