Cordelia é o satélite máis interno de Urano. Foi descuberto a partir de imaxes tomadas pola Voyager 2 o 20 de xaneiro do 1986 e déuselle a designación temporal de S/1986 U 7. Non volveu ser detectado ata que o Telescopio Hubble o observou no ano 1997. Cordelia toma o seu nome da filla máis nova de Lear da obra King Lear de William Shakespeare. Tamén é designada coma Urano VI.

Por desgraza, a parte da súa órbita, o seu raio de 20 km e ó seu albedo xeométrico de 0,08, pouco máis se sabe deste astro. As imaxes da Voyager 2 amosan a Cordelia coma un obxecto alargado co seu eixo maior apuntado cara a Urano. A taxa de relación entre os eixos de Cordelia é de 0,7 ± 0,2, o que lle outorga unha forma elipsoidal.

Cordelia actúa coma lúa pastor interior do anel Epsilon de Urano. Cordelia orbita Urano dentro do raio das órbitas sincrónicas, polo cal está nun lento proceso de caída cara ao planeta debido o efecto das mareas gravitatorias.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Urano

Ligazóns externas Cordelia Profileby NASA's Solar System Exploration Uranus' Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Urano