O Real Unión Club de Irún é un club de fútbol da cidade de Irún en Guipúscoa (País Vasco, España). Foi fundado en 1915, aínda que as súas orixes remóntanse a 1902, e actualmente xoga no grupo I da Primeira División RFEF.

O Real Unión, fundado en 1915 da unión do Racing de Irún e o Irún Sporting, é un club histórico, cofundador da Liga española e catro veces gañador da Copa do Rei. A súa época gloriosa chegou ata principios dos anos 30, cando o profesionalismo entrou no mundo do fútbol e como consecuencia os equipos con máis diñeiro levaron aos xogadores máis importantes do Real Unión.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón negro e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta vermella e negra vertical, pantalón negro e medias vermellas.

Antigamente o Real Unión xogaba tamén con camiseta a raias brancas e negras e pantalón negro.

Estadio O estadio do Real Unión é o Stadium Gal, situado na cidade de Irún. Ten capacidade para 5.000 espectadores e foi inaugurado en 1926. A última remodelación é de 1997. O estadio atópase a escasos 300 metros da fronteira internacional entre España e Francia.

Xogadores Cadro actual Datos do 20 de xaneiro de 2010.

Datos do club Tempadas en 1ª: 4. Tempadas en 2ª: 10. Tempadas en 1ª RFEF: 1. Tempadas en 2ªB: 27. Tempadas en 3ª: 40. Mellor posto na liga: 6º (1ª, tempada 1929/30). Peor posto na liga: 10º (1ª, tempada 1931/32).

Palmarés Torneos nacionais Copa do Rei (3)*: 1918, 1924 e 1927. Segunda División B (2): 2002-03 e 2008-09. Copa RFEF (1): 2015.

*Tamén gañada en 1913 polo Racing Club de Irún, un dos equipos que se fusionou para formar o Real Unión.

Torneos rexionais Campión de Guipúscoa (9): 1920, 1921, 1922, 1924, 1926, 1928, 1930, 1931 e 1947. Campión do Norte (1): 1918.

Torneos de afeccionados Campión de España de Afeccionados (1): 1934. Campión de España de Afeccionados (1): 1987.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Información oficial sobre o proceso de conversión a Sociedade Anónima Deportiva (SAD) Sello do centenario do Real Unión de Irún