A dos quetógnatos ou quetognatos (Chaetognatha) é un filo de animais depredadores mariños, que forman parte do plancto en todo o globo. Porén ao redor do 20 % das súas especies coñecidas son bentónicas e poden vivir adheridas ás algas e as rochas do fondo.
Encóntranse en todas as augas mariñas do mundo, desde as augas superficiais tropicais e as pozas da baixanar até as rexións polares.
Teñen forma de torpedo, con estruturas máis opacas na cabeza. Miden entre os 2 mm e os 12 cm de lonxitude. A maioría dos quetognatos son transparentes, aínda que algunhas especies de augas profundas son de cor alaranxda.
Describíronse unhas 121 especies agrupadas en 20 xéneros,Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World, 2nd edition. Australian Biodiversity Information Services ISBN (online) 9780642568618 todas incluídas na única clase do filo, a dos saxitoideos (Sagittoidea),Chaetognatha no WoRMS. que se subdivide en dúas ordes, afragmóforos (Aphragmophora) e fragmóforos (Phragmophora).Sagittoidea no WoRMS.
Características miniatura|150px|Cabeza dunha especie do xénero Sagitta.
Os quetógnatos son transparentes ou translúcidos e están recubertos dunha cutícula. Presentan aletas e varias espiñas quitinosas curvadas a cada lado da cabeza —destinadas á caza— que gardan nunha carapucha cando nadan.
Teñen cabeza, tronco e cola ben diferenciados. Son hermafroditas con fecundación autógama ou cruzada; a segmetación é holobástica e non sofren metamorfose. Describíronse especies produtoras de neurotoxinas, que usan para atrapar presas. Nadan propulsándose coa cola e estabilizándose coas aletas.
A pesar de teren unha boca cunha ou dúas fileiras de dentes, ollos compostos e sistema nervioso, carecen de sistemas respiratorio, circulatorio e excretor. Moven todo o material que lles interesa para o interior do corpo mediante cilios, e a excreción realízana a través da pel.
Taxonomía Descrición Filo O grupo foi descrito por primeira vez en 1854 polo Karl Georg Friedrich Rudolf Leuckart. Orde
Etimoloxías Filo do grego χαίτη chaítē, "melena", "crinas", e γνάθος gnáthos, "mandíbula", é dicir, "os de mandíbulas espiñentas")
Orde Latin sagitta (“arrow, arrowshaft, arrowhead (plant)”) from Latin neuter plural form of -oideus, -oeidēs -oide, plural ending of nouns borrowed from Greek and Latin:
Posición taxonómica Adoitan clasificarse dentro dos deuteróstomos polas súas características no desenvolvemento embrionario. Lynn Margulis e K. V. Schwartz, de feito, os incluíran neste grupo dentro da súa clasificación de 5 reinos. Os exames moleculares, porén, asóciasnos cos protóstomos, e Thomas Cavalier-Smith inclúenos neste grupo na súa teoría dos 6 reinos.Cavalier-Smith, T. (2004): "Only six kingdoms of life". Proc. R. Soc. Lond. B 271: 1251-1262. No que respecta ao desenvolvemento, gardan certas similitudes cos nematodos.
Algúns autores relaciónannos cos conodontos, á súa vez relacionados cos vertebrados e máis concretamente cos protoconodontos, que hoxe se consideran quetógnatos e que se coñecen só por algúns dentes.
Segundo Cavalier-Smith (1998), a posición sistemática do filo é a seguinte:Cavalier-Smith, T. (1998): "A revised six-kingdom system of life". Biological Reviews, 73 : 203-266. Biota (seres vivos) Dominio Eukaryota Chatton, 1925 Reino Animalia Linnaeus, 1758 Subreino Bilateria (Hatschek, 1888) Cavalier-Smith, 1983 (parafilético?) Rama Protostomia Grobben, 1908 (parafilético)? Infrarreino Chaetognathi (Leuckart, 1854) Cavalier-Smith, 1998 (monotípico).Ver infrarreino Ecdysozoa A. M. A. Aguinaldo et al., 1997 ex T. Cavalier-Smith, 1998. Filo Chaetognatha (Leuckart, 1854) Hyman, 1959
Clasificación miniatura|100px|Cabeza de Sagitta sp. (afragmóforo). miniatura|100px|Cabeza de Spadella sp. (fragmóforo).
Segundo o World Register of Marine Species, a clasificación do filo, até o nivel de familia é a seguinte:
Filo Chaetognatha (Leuckart, 1854) Hyman, 1959 Chaetognatha en The Taxonomicon. Clase Sagittoidea Claus & Grobben, 1905 Sagittoidea no ITIS. Orde Aphragmophora Tokioka, 1965 Aphragmophora no WoRMS. Familia Bathybelidae Bieri, 1989 Familia Krohnittidae Tokioka, 1965 Familia Pterokrohniidae Bieri, 1991 Familia Pterosagittidae Tokioka, 1965 Familia Sagittidae Claus & Grobben, 1905 Orde Phragmophora Tokioka, 1965 Phragmophora no WoRMS. Familia Eukrohniidae Tokioka, 1965 Familia Heterokrohniidae Casanova, 1985 Familia Krohnittellidae Bieri, 1989 Familia Spadellidae Tokioka, 1965
Rexistro fósil Apenas hai rexistro fósil, pero crese que apareceron no cámbrico. Hachárose espiñas fosilizadas súas datadas de finais da era paleozoica. Existen fósiles de corpos completos, aínda non moi ben descritos, de mediados do cámbrico en Burgess Shale, na Columbia Británica, e do cámbrico inferior nos xistos de Maotianshan de Yunnan, China.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): Invertebrados. 2ª ed. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. ISBN 0-87893-097-3. Meglitsch, P. A. (1986): Zoología de invertebrados. 2ª ed. Madrid: Pirámide. ISBN 84-368-0316-7. Rupppert, E. E.; R. S. Fox & R. D. Barnes (2004): Invertebrate Zoology''. 7ª ed. Stamford, Connecticut (EE.UU.): Brooks/Cole. ISBN 0-03-025982-7.
Outros artigos Deuteróstomos Protóstomos
Ligazóns externas Chaetognatha or de World Consultada o 14/01/2013. Listaxe de especies . Consultada o 14/01/2013. Indicacións para a identificación dos quetógnatos Consultada o 14/01/2013.
Categoría:Quetógnatos