Uganda é un país africano, cuxa capital é Kampala. En 2009 tiña 32.709.865 habitantes. Limitado ao norte con Sudán do Sur, ao sur co Lago Vitoria, Ruanda e Tanzania, ao leste con Kenya e ao oeste coa República Democrática do Congo.

Historia Os primeiros habitantes coñecidos foron poboacións cazadoras recolectoras. Hai 1500 ou 2000 anos comezaron a se asentar no territorio da actual Uganda poboacións de lingua bantú que viñan probablemente do centro e o oeste do continente e que se asentaron preferentemente no sur. O Imperio de Kitara do século XIV e XV representa a máis antiga forma de organización formal, seguida polo reino de Bunyoro-Kitara, e máis tarde o de Buganda e Ankole.

Poboación nilótica, como os luo e ateker entraron na área desde o norte, probabelmente arredor do 120 d.C. Asentáronse sobre todo no norte e leste. Esta área foi, en 1888, concedida á Compañía Británica da África Oriental e, en 1894, o reino do Buganda tornouse un protectorado do Reino Unido.

Despois de varias manobras por parte dos británicos, realizáronse eleccións a 1 de marzo de 1961 e Benedicto Kiwanuka tornouse “Ministro-Xefe” de Uganda, aínda como un protectorado e tornouse independente o 9 de outubro de 1962. Nos anos seguintes, verificouse unha loita política entre os partidarios dun estado centralizado, en vez da federación vixente baseada nos reinos. Como resultado, en febreiro de 1966, o entón Primeiro Ministro Milton Obote suspendeu a constitución, asumiu todos os poderes e despois o de Presidente e Vicepresidente. En setembro de 1967, unha nova constitución proclamou Uganda como unha república, deu ao presidente poderes adicionais e aboliu os reinos tradicionais.

En 1971 Idi Amin tomou o poder nun golpe de Estado e dirixiu o país como un ditador durante case unha década, expulsou os residentes de orixe india e promoveu o asasinato dun número estimado en cerca de 300.000 cidadáns. O seu réxime terminou coa invasión dun exército de rebeldes, apoiados pola Tanzania no 1979.

Despois deste contra-golpe, a Fronte Nacional de Liberación de Uganda formou un goberno interino, con Yusuf Lule como presidente, que adoptou un sistema ministerial de administración e creou un órgano cuasi-parlamentario, a Comisión Consultiva Nacional (NCC), mais este órgano e o gabinete de Lule tiñan visións políticas diferentes e, en xuño de 1979, o NCC substituíu a Lule por Godfrey Binaisa. A disputa continuou sobre os poderes do presidente interino, Binaisa foi afastado en maio de 1980 e o Uganda pasou a ser gobernado por unha comisión militar dirixida por Paulo Muwanga. En decembro de 1980, foron realizadas eleccións, que levaron de novo á presidencia a Obote que, era vicepresidente de Muwanga. No período que se seguiu, as forzas de seguridade estableceron un dos peores récords de dereitos humanos do mundo. Nos seus esforzos para terminar cunha rebelión liderada por Yoweri Museveni e o seu Exército de Resistencia Nacional (“National Resistance Army” ou NRA), eles practicamente destruíron unha parte substancial do país, especialmente na área de Luwero, a norte de Kampala.

O 27 de xullo de 1985, unha brigada do exército, composta por “Acholi” (unha das etnias do Uganda) e comandada polo Tenente-Xeneral Basilio Olara Okello, tomou Kampala e proclamou novamente un goberno militar. Obote exiliouse na Zambia e o novo réxime, dirixido polo anterior comandante das forzas de defensa, o Xeneral Tito Okello (que non era parente de Olara-Okello), iniciou negociacións con Museveni, prometendo mellorar o respecto dos dereitos humanos, acabar cos conflitos entre tribos e organizar eleccións libres e xustas. Mentres tanto, os masacres continuaron unha vez que Okello tentaba destruír o NRA e os seus partidarios.

A pesar de negociacións en Nairobi, baixo a mediación do Presidente kenyata Daniel Arap Moi, e de teren chegado a un acordo de cesar-fogo, o NRA continuou a loitar e, en xaneiro do 1986, capturou Kampala, forzando ás forzas de Okello a fuxiren para o Sudán e colocando a Museveni como presidente. Este acabou cos abusos aos dereitos humanos, iniciou unha política de liberalización e de liberdade de prensa e estableceu acordos co Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e con varios países.

Museveni foi democraticamente electo en 1996, cando concorreu contra Paul Ssemoxere, líder do Partido Democrático, tendo gaño o 75% dos votos.

Política Organización Administrativa

Distritos de Uganda600px Rexión CentralMapaDistritoPob.82Buikwe 329.85884Bukomansimbi 139.55686Butambala86.75587Buvuma 42.48389Gomba133.26427Kalangala 34.76690Kalungu 160.68429Kampala 1.189.14236Kayunga 294.61338Kiboga 108.89795Kyankwanzi 120.57548Luweero 341.31799Lwengo 242.252100Lyantonde 66.03951Masaka 228.17056Mityana 266.10859Mpigi 187.77160Mubende 423.42261Mukono 423.05263Nakaseke 137.27864Nakasongola 127.06470Rakai 404.32672Sembabule 180.04576Wakiso 907.988Rexión LesteMapaDistritoPob.4Amuria 180.0227Budaka 136.48949Bududa 123.1038Bugiri 266.94483Bukedea 122.4339Bukwa 48.95285Bulambuli97.27313Busia 225.00815Butaleja 157.48988Buyende 191.26620Iganga 355.47321Jinja 387.57325Kaberamaido 131.65028Kaliro 154.66730Kamuli 361.39933Kapchorwa 74.26835Katakwi 118.92891Kibuku 128.21945Kumi 165.36594Kween 67.17198Luuka 185.526101Manafwa 262.56653Mayuge 324.67454Mbale 332.571103Namayingo145.45114Namutumba 167.691105Ngora101.86769Pallisa 255.870110Serere 176.47973Sironko 97.27374Soroti 193.31075Tororo 379.399Rexión NorteMapaDistritoPob.1Abim 51.9032Adjumani 202.29078Agago 184.01879Alebtong 163.0473Amolatar 96.18980Amudat 63.57239Amuru 135.7235Apac 249.6566Arua 559.07516Dokolo 129.38517Gulu 298.52722Kaabong 202.75742Kitgum 167.03043Koboko 129.14893Kole 165.92244Kotido 122.44297Lamwo 115.34547Lira 290.60150Maracha 145.70557Moroto 77.24358Moyo 194.77862Nakapiripirit 90.922104Napak112.69765Nebbi266.312107Nwoya41.010108Otuke62.01867Oyam 268.41568Pader 142.32077Yumbe 251.784112Zombo 169.048Rexión OesteMapaDistritoPob.81Buhweju 82.88110Buliisa 63.36311Bundibugyo 158.90912Bushenyi 205.67118Hoima 343.61819Ibanda 198.63526Isingiro 316.02523Kabale 458.31824Kabarole 356.91431Kamwenge 263.73032Kanungu 204.73234Kasese 523.03337Kibaale 405.88240Kiruhura 212.21992Kiryandongo 187.70741Kisoro 220.31296Kyegegwa 110.92546Kyenjojo 266.24652Masindi 208.42055Mbarara 361.477102Mitooma 160.802106Ntoroko 51.06966Ntungamo 379.987109Rubirizi 101.80471Rukungiri 275.162111Sheema 180.234

Uganda divídese en 111 distritos, en catro rexións administrativas. A maioría dos distritos teñen o nome das súas principais cidades comerciais e administrativas.

Cada distrito se subdivide en subdistritos, condados, subcondados, parroquias e vilas.

A continuación preséntanse cifras de poboación no censo de 2002. Nótese que daquelas só había 56 distritos, e os datos da poboación fixéronse mirando os condados e subcondados.

Demografía

Uganda ten preto de 47 millóns de habitantes (datos de 2021), vivindo principalmente á beira dos Grandes Lagos Africanos que este país partilla. Ten listadas 39 linguas africanas, dos grupos bantu e nilóticas, entre as cales, a máis falada (por cerca de 16 % da poboación é a lingua “ganda” ou luGanda, relativa ao principal grupo étnico deste país, os buGanda. Outras linguas faladas polos residentes de Uganda son o inglés (lingua oficial), o kiSwahili e linguas indias.

Economía

Notas