Dores Tembrás Campos, nada en Bergondiño (Bergondo) o 13 de febreiro de 1979, é unha escritora galega.

Traxectoria Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña en 2001. Doutorouse en 2008 coa tese Arquitectura de un desencuentro, sobre Alejandra Pizarnik, logo de diferentes estadías investigadoras en Suecia, Madrid e Bos Aires. Dende entón non deixou a investigación sobre a literatura hispanoamericana, centrándose na figura desta poeta, impartindo seminarios e participando en numerosos congresos e revistas especializadas. En 2009 publica o seu primeiro poemario, O pouso do fume.

En diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez escribiu un poemario en 2010 sobre quince cadros abstractos, cristalizados nun libro de artista: Alentos ao vacio.

Colaborou en revistas como Serta, Revista das Letras coa serie Esquiagrafías, Dorna co micropoemario OPIVM e Caravansari co micropoemario Silabario. En 2013 obtivo o Premio de poesía Concello de Carral coa obra Cronoloxía da urxencia.

Forma parte do equipo da Editorial Apiario xunto con Antía Otero.

En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro.

Obra Poesía O pouso do fume, 2009, Espiral Maior. Alentos ao vacío, 2010, libro de artista en diálogo coa obra do pintor Manuel Suárez. Cronoloxía da urxencia, 2014, Espiral Maior. Auga a través, 2016, Apiario. Enxertos, 2023, Apiario.

Literatura infanto-xuvenil O peizoque Roque, 2012, Galaxia.

Obras colectivas Elas/El (9), 2010, CCOO. Pel con pel, 2010, Galaxia.Autores: Alfredo Ferreiro, Begoña Caamaño, Dores Tembrás, Eduardo Estévez, Francisco Castro Veloso, Ledicia Costas, Marta Dacosta, Román Raña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Yolanda Castaño. Elas/El (10), 2011, CCOO. Mulheres entre poesía e luita, 2011, Assembleia de Mulheres do Condado. Poetízate, 2011, Xerais. Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega, 2012, Endymion. Novas de poesía. 17 poetas, 2013, Fundación Uxío Novoneyra. Poesía Hexágono. Ollada e Experiencia. Proposta e resposta nas aulas, 2014, Apiario. De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, 2015, Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios Premio de poesía Concello de Carral no 2013, por Cronoloxía da urxencia. Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2014, por Cronoloxía da urxencia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da autora Perfil en As escollas electivas Poemas de Dores Tembrás na Revista das Letras de Galicia Hoxe

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Nados en 1979 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña