O Muralla Rugby Club é un equipo galego de rugby da cidade de Lugo, que compite na primeira división da Liga Galega de Rugby. O club naceu no ano 1986 co nome de E.U.I.T.A., e foi refundado en 2003 coa súa actual denominación. O nome do equipo fai referencia á Muralla de Lugo, o monumento máis representativo da cidade. Dende 1999 o Muralla R.C. xoga os seus encontros como local no Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, de titularidade municipal, tamén chamado Estadio das Pedreiras pola súa localización.

Entre o palmarés do club salientan os títulos da liga galega das tempadas 1998-99, 2004-05 e 2005-06, así como a participación do primeiro equipo en categoría nacional durante tres tempadas.

As cores representativas do club son o negro, o verde e o amarelo.

Historia En 1986 un grupo de estudantes do Campus de Lugo formou o equipo. Entre eles estaban os irmáns Antonio e Pablo Pedregal, coñecidos como Os Irmáns Moriarty, os cales foran estudar á por aquel entón Escuela Universitaria de Ingenieros Técnicos Agrícolas (EUITA). Antonio Pedregal e Pablo Pedregal foron respectivamente presidente e tesoureiro do Euita R.C. dende a súa fundación ata o ano 1994, ano no que finalizaron os seus estudos en Lugo.

Os comezos non foron doados, xa que se precisaban instalacións, material e sobre todo xogadores, mais o proxecto foise afianzando, e no ano 1988 o Euita Rugby Club afiliouse á Federación Galega de Rugby e comezou a súa participación nas competicións organizadas por dita federación.

Nestes comezos, o Euita incluso chegou disputar os seus partidos como local na vila das Pontes de García Rodríguez ante a falta dun campo axeitado. Logo foron varios os campos polos que pasou o Euita R.C.: Lombao (Estrada de Oviedo), Nadela, As Gándaras e finalmente, dende o ano 1999 o Euita R.C. xoga os seus partidos no Estadio G. Pérez Rivera.

Ao longo deses 18 anos de historia, o Euita R.C. competiu baixo diferentes denominacións: Euita R.C., Campus Lugo Rugby e CDU Lugo. Na tempada 2003-04, o club inicia un novo proxecto baixo o un novo nome, mais co espírito de sempre: Muralla Rugby Club.

A andaina do Euita R.C. na Liga Galega sufriu altibaixos, mais a teima dos membros do Euita ao longo dos anos deu os seus froitos e así, na década de 1090, o Euita R.C. acadou certa estabilidade, tanto como club, como a nivel deportivo nun equipo marcado polo continuo cambio de xogadores debido á condición de estudantes da meirande parte deles, feito que por outra banda constitúe unha parte sumamente importante do espírito do club, que se honra de ter tido xogadores de tódolos recunchos do mundo nas súas filas, e de ter un dos mellores ambientes do rugby galego no seu seo.

Esta evolución supuxo que na tempada 1998-99, o Campus Lugo Euita R.C. realizou a súa máis brillante campaña, que o levou ao triunfo final na Liga Galega de Rugby baixo a dirección de Víctor Rodríguez e Trostky, disputando os play-offs de ascenso á Liga Nacional fronte ao Belenos R.C. de Avilés, e caendo derrotado tras unha igualada eliminatoria a dobre partido.

Esa tempada tamén marcou un punto de inflexión na traxectoria do club, xa que supuxo a marcha de importantes xogadores con moitos anos no Euita nas súas costas.

Tamén nesa tempada, o Euita R.C. creou o Torneo do San Cidre, un torneo que ten como obxectivo iniciar á comunidade universitaria no rugby e así poder achegar novos xogadores ó equipo. O torneo, xa case unha tradición, celébrase cada ano durante as festas do San Cidre da Escola Politécnica Superior. Así pois, na tempada seguinte iniciouse unha nova etapa cun cadro de xogadores moi renovado e coa contribución de novos membros acadados co Torneo do San Cidre. Dende esa tempada ata a 2001-02, o equipo estivo adestrado por José M. González Chis, que logrou manter o equipo entre os primeiros postos da Primeira División da Liga Galega de Rugby.

Coa chegada da tempada 2002-03 chegaron moitos trocos ao Euita R.C., o máis importante deles o acordo coa USC para pasar a ser a sección de rugby do Club Deportivo da Universidade de Santiago de Compostela.

Nesta nova etapa tamén chegou ao club Antonio Vázquez, novo adestrador do equipo sénior masculino con experiencia como xogador na División de Honra con Oviedo R.C. e formado no Xabarín R.C..

A tempada 2002-03 supuxo unha crise no Euita R.C. co descenso por primeira vez na súa historia á Segunda División galega e a retirada das axudas da USC ao club.

Sen o apoio económico da USC a tempada 2003-04 supuxo un novo reto para o Euita, que con vistas a acadar un maior apoio institucional e calado na sociedade lucense, e tamén movido pola necesidade de atopar un patrocinador para afrontar os numerosos gastos que supón o funcionamento dun club de rugby, decidiuse que os equipos do Euita pasen a competir baixo a denominación de Muralla RC.

Adestradores 1998-1999: Víctor Rodríguez/Miguel Ángel Martín 1999-2002: José M. González 2002-2003: Antonio Vázquez 2003-2007: Javier Martínez 2007-2008: Pepe Rois 2008-2009: J. Daniel Pereira/Lucky Parga 2009-2010: Edgardo Martínez 2010-15: Javier Liz 2015-16: Chester Parga/J. Daniel Pereira 2016-17: Chester Parga

Equipo de xogadores 2014-15

Primeiras liñas Juanma del Río Quique Díaz Tino Meilán Vili Roca Pablo Santos Richard Vilariño Fran Monasterio Segundas Liñas Roberto García Elías Granizo Rafa Jiménez Javi Táboas Rubén López Germán Souto Terceiras Liñas Alfredo Pintor Toni Landeira Santi Núñez David Pérez (C) Dani Pereira Dani Sever Carlos Abella

Medios Dave Sobrino Alexandre del Río Felipe Flores Javi Diéguez Tres cuartos Khalil Charaf Manolo Couce Daniel Lago Barreiro 20px Will McKay Isma Crende Alfonso Rodríguez Rubén Suazo Iván Ron Pedro Diéguez Gonzalo Lepe Zagueiros Noé López Iago Cobas David Tuñas

Traxectoria

Coa denominación E.U.I.T.A. 1989-90 Liga Galega de Rugby 1990-91 LGR Primeira División 1991-92 LGR Primeira División 1992-93 LGR Primeira División 1993-94 LGR Primeira División 1994-95 LGR Primeira División 1995-96 LGR Primeira División 1996-97 LGR Primeira División 1997-98 LGR Primeira División 1998-99 LGR Primeira División () 1999-00 LGR Primeira División 2000-01 LGR Primeira División 2001-02 LGR Primeira División 2002-03 LGR Primeira División ()

Coa denominación Muralla R.C. 2003-04 LGR Segunda División ( ) 2004-05 LGR Primeira División () 2005-06 LGR Primeira División ( ) 2006-07 Liga Nacional I FER 2007-08 Liga Nacional I FER 2008-09 Liga Nacional I FER () 2009-10 LGR Primeira División 2010-11 LGR Primeira División 2011-12 LGR Primeira División () 2012-13 LGR Segunda División 2013-14 LGR Segunda División () 2014-15 LGR Primeira División 2015-16 LGR Primeira División

Tempada actual

Véxase tamén Outros artigos Euita R.C. Liga Galega de Rugby

Ligazóns externas Información sobre o Muralla R.C. Federación Galega de Rugby

Categoría:Equipos de rugby de Galicia Categoría:Deporte en Lugo