O Óquei Clube de Barcelos é un club portugués de hóckey a patíns da cidade de Barcelos. É un dos equipos de hóckey a patíns máis famosos de Portugal e Europa. É coñecido como Óquei de Barcelos, OCB, OC Barcelos, ou Barcelos.

Fundación A idea de crear un equipo de hóckey a patíns naceu en 1946 por un grupo de mozos en Barcelos. A data oficial da fundación do club é o 1 de xaneiro de 1948, a pesar de que a documentación amosa que o club fóra fundado o 22 de decembro de 1947. Os fundadores do equipo foron Cândido Augusto Sousa Cunha e Simplício Cândido Monteiro de Sousa. O primeiro partido do equipo foi en 1948 ante o Clube dos Ourives, e o OC Barcelos gañou por 5-2. Nos primeiros anos, o hóckey que se xogaba era unha mestura entre o hóckey herba e o hóckey a patíns, porque non empregaban patíns. A partir de 1952 comézase a xogar hóckey a patíns.

Palmarés 1 Copa Intercontinental (1992) 1 Copa de Europa (1990-91) 1 Recopa de Europa (1992-93) 3 Copas CERS (1994-95, 2015-16, 2016-17) 1 Supercopa de Europa de hóckey sobre patíns (1990-91) 1 Torneo Cidade de Vigo (1991) 3 Ligas portuguesas (1992/93, 1995/96, 2000/01) 4 Copas de Portugal (1991/92, 1992/93, 2002/03, 2003/04) 4 Supercopas de Portugal (1993, 1998, 2002/03, 2003/04)

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do club Mágico Barcelos (Blog do equipo) Novas e resultados do equipo

Categoría:Equipos de hóckey a patíns de Portugal Barcelos Barcelos