A Confederación Europea de Patinaxe ou CERS (en francés: Confédération Européenne de Roller Skating) é o organismo que regula os deportes de patinaxe (hóckey a patíns, patinaxe artística en patíns, patinaxe de velocidade sobre rodas e hóckey en liña) a nivel europeo e que ten a súa sede na cidade de Porto, Portugal. É unha das confederacións continentais que forman parte da Fédération Internationale de Roller Sports (FIRS). Foi fundada en 1975 por iniciativa do coruñés Antonio González, que foi ademais o seu presidente entre 1975 e 1982.

Comité central O CERS está dirixido por un comité central composto polos seguintes membros: Fernando Elias Claro (presidente) Jan Piotrowsky (1º vicepresidente) Ignacio González Pereira (2º vicepresidente) Fernando Leandro Naroli (3º vicepresidente)

Comités técnicos As 4 disciplinas deportivas teñen o seu propio comité que as xestiona a nivel europeo e que son os que organizan as diversas competicións: Hóckey a patíns - Comité Européen de Rink Hockey (CERH) Patinaxe artística - Comité Européen de Patinage Artistique (CEPA) Patinaxe de velocidade - Comité Européen de Course (CEC) Hóckey en liña - Comité Européen de Roller Inline Hockey (CERILH)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos FIRS CERH

Ligazóns externas CERS FIRS

CARS