The Notebook é un filme romántico e dramático dirixido por Nick Cassavetes que se estreou no 2004. Baséase no libro The Notebook do escritor norteamericano Nicholas Sparks. Está protagonizado por Ryan Gosling e Rachel McAdams, que interpretan á parella de mozos que se namoran na década de 1940. A súa historia é narrada dende o presente por un home maior (interpretado por James Garner) que lle le a historia a unha compañeira da residencia (interpretada por Gena Rowlands).
The Notebook recibiu críticas diversas, mais tivo boa acollida do público e foi nomeado a varios galardóns, gañando oito Teen Choice Awards, un Satellite Award e un MTV Movie Award. Ós poucos, foise convertendo nun filme de culto. O 11 de novembro de 2012, ABC Family estreou unha versión estendida con escenas eliminadas.
Argumento
Un ancián vaille contando unha historia a unha anciá que ten alzhéimer.
A historia está ambientada nos anos corenta. Unha moza adolescente, Allie Hamilton, de familia adiñeirada, vai pasar o verán canda a súa familia á cidade costeira de Seabrook, onde coñecerá a un rapaz, traballador dunha fábrica, de familia humilde, chamado Noah Calhoun, co que vivirá un romance estival intenso. A familia de Allie non está de acordo coa relación, e incluso adiantarán a fin das súas vacacións para rompela. Logo, durante un ano, Noah estaralle escribindo unha carta por día a Allie, mais esta nunca recibirá as misivas, pois serán todas interceptadas pola súa nai. Noah e Allie perderán o contacto seguindo as súas vidas por separado.
Sete anos despois, cando Allie está probando o seu vestido de voda (vai casar con Lon, un home de boa clase social), olla no xornal unha fotografía de Noah e decide volver ao pobo onde se coñeceran e no que Noah aínda vive. Con todo, ao final Allie e Noah viven felices xuntos.
Allie é a vella con alzhéimer e el o ancián que lle le a historia para que recorde quen é.
Personaxes Ryan Gosling como Noah Calhoun Rachel McAdams como Allison "Allie" Hamilton James Garner como Noah Calhoun de maior / "Duke" Gena Rowlands como Allie Calhoun de maior Joan Allen como Ann Hamilton James Marsden como Lon Hammond, Jr. Jamie Brown como Martha Shaw Sam Shepard como Frank Calhoun David Thornton como John Hamilton Kevin Connolly como Fin Heather Wahlquist como Sara Tuffington Ed Grady como Harry Obba Babatunde como Líder da banda Mark Johnson como Fotógrafo Starletta DuPois como Enfermeira Esther William Sattelberg como Dobre de acción de Ryan Gosling
Rodaxe miniatura|350px|Boone Hall, a casa dos Hamilton na película A rodaxe comezou o 7 de novembro de 2002 en Carolina do Sur cun orzamento de 30 millóns de dólares e prolongouse até febreiro de 2003. Nick Cassavetes buscou incansablemente o lugar perfecto para rodar a película. O produtor Mark Johnson explicaba que a película requiría unha pequena cidade do sur nunha contorna tranquila e rural, xa que a novela de Nicholas Sparks está ambientada en Newburn, Carolina do Norte, pero cando visitaron a zona de Charleston aos produtores gustoulles o sitio, así que trasladaron alí a historia.
Ambientaron logo a película no contorna costeira de Carolina nos anos corenta, foi rodada case en toda a súa totalidade en localizacións de Carolina do Sur: nas cidades de Charleston e Georgetown, a illa de Edisto, a base naval de Charleston, varias exuberantes plantacións e os Cypress Gardens do condado de Berkeley.
Diferenzas coa novela Na novela, Noah e Allie vólvense a ver tras 14 anos, no filme son 7. Na novela, Allie e Noah coñecéronse no verán de 1932, mentres que na película foi nos anos 40. Na novela Allie convértese nunha artista internacional. Noah escríbelle a Allie 365 cartas (unha diaria) na película, na novela redáctalle unha ao mes. Na novela, o pai de Allie é quen se opón á relación, en cambio, na película é a nai. Na novela, Allie xa tiña noivo denantes de coñecer a Noah. Na novela, Fin (o amigo de Noah) estaba namorado de Allie.
Galardóns A película recibiu 12 premios e 3 nomeamentos.
Premios Teen Choice Awards Candidatura Categoría Resultado AnoNick CassavetesMellor película dramáticaGañador2005Ryan GoslingMellor actor revelación masculinoGañador2005Ryan GoslingMellor actor dramáticoGañador2005Rachel McAdamsMellor actriz dramáticaGañadora2005Ryan Gosling e Rachel McAdamsMellor química entre actoresGañadores2005Ryan Gosling e Rachel McAdamsMellor escena de amorGañador2005 Mtv Movie Award Candidatura Categoría Resultado AnoRyan Gosling e Rachel McAdamsMellor bicoGañadores2005Rachel McAdamsMellor actriz femininaGañadora2005 Screen Actors Guild Awards Candidatura Categoría Resultado AnoJames GarnerMellor actor secundarioGañador2005 Premios Satellite Candidatura Categoría Resultado AnoGena RowlandsMellor actriz secundariaGañadora2005
Casting Society of America Candidatura Categoría Resultado AnoMatthew Barry e Nancy Green-KeyesMellor casting de películaGañadores2005
BMI Film Music Candidatura Categoría Resultado AnoAaron ZigmanMellor música de películaGañador2005
Candidaturas Golden Trailer Awards Candidatura Categoría Resultado AnoNick CassavetesMellor romanceCandidato2005
Teen Choice Awards Candidatura Categoría Resultado AnoRyan Gosling e Rachel McAdamsMellor baile de películaCandidatos2005
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial
Categoría:Filmes de 2004 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Nick Cassavetes Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes rodados en Montreal Categoría:Filmes rodados en Carolina do Sur Categoría:Filmes sobre alzhéimer