Retiro é un distrito da cidade de Madrid situado no centro da cidade.
Limita polo norte e nordés cos distritos de Salamanca e Ciudad Lineal, polo leste co distrito de Moratalaz, polo sueste co distrito de Puente de Vallecas, polo suroeste co distrito de Arganzuela e polo oeste co distrito de Centro. Ten unha superficie 5,46 km² e unha poboación de 117.918 habitantes no ano 2023. En 1970 coa reorganización da división administrativa dos distritos, incluíronse ao distrito de Retiro xunto cos outros 17 distritos que lle dividiron.
Neste distrito encóntrase o famoso Parque do Retiro. O parque era orixinalmente, en 1632, un lugar de repouso para a familia real, durante o reinado de Filipe IV. O palacio que alá existía foi destruído durante as guerras napoleónicas. Despois da guerra contra os franceses, o rei Fernando VII (1814 - 1833) iniciou a súa reconstrución e abriu parte do xardín ao público.
Datos históricos
Situado no Sueste da área central de Madrid, a súa historia está marcada polo Parque do mesmo nome e polas instalacións ferroviarias que se situaron no Sur e Leste do Distrito.
En termos xerais pódese dicir que se trata dun distrito de carácter variado, cheo de contrastes, próspero e puxante. É un dos puntos máis turísticos da cidade de Madrid e o Distrito cultural por excelencia, no que se atopan desde o Museo do Prado, o Palacio de Comunicacións, o Panteón de Homes Ilustres ou a Basílica da Virxe de Atocha.
O Parque do Retiro xunto co Paseo do Prado, deron a súa personalidade á zona dos Jerónimos, mentres que o resto de barrios foise consolidando ao longo dos anos, cada un coas súas características particulares: Pacífico -sede da actual Xunta Municipal nos antigos cuarteis de Daoiz e Velarde-, Adelfas -orixinalmente lugar de acollida de inmigración e implantacións industriais e que sufriu un importante proceso de transformación-, Niño Jesús e Estrella –barrios residenciais de nivel económico crecente-, e Ibiza -importante zona comercial.
Barrios Este distrito está dividido en seis barrios:
Adelfas Estrella Ibiza Jerónimos Niño Jesús Pacífico
Véxase tamén Referencias
Bibliografía
Ligazóns externas
Información do distrito Actividades e eventos Direccións e teléfonos Publicacións e convocatorias Participación cidadá Actas dos Plenos do distrito Retransmisión do Pleno en directo Galería de retransmisións do Pleno
Categoría:Distritos de Madrid