Andrés Feal Varela, nado en 1959, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Empregado nos estaleiros da ría de Ferrol. Nas eleccións municipais de 1987 foi elixido alcalde de Monfero. Presentouse ás municipais de 1991 encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións ata 2011, sempre con maioría absoluta.
Nas eleccións municipais de 2011 Feal perde a alcaldía ao pasar o PSdeG-PSOE a ser a segunda forza por detrás de Independentes do Concello de Monfero. No 2015 Feal volve a ser elixido alcalde tras ser de novo o PSdeG-PSOE o partido máis votado nas eleccións municipais dese ano, gobernando desta vez en minoría. Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía, conseguindo a maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2023, perdeu un concelleiro e a maioría absoluta mais seguiu a ser a forza máis votada e retivo a alcaldía.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monfero
Ligazóns externas Entrevista en La Opinión Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Monfero Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados no século XX