O anfiteatro de Tarraco é un edificio romano construído preto do mar, tras a muralla da cidade de Tarraco (actual Tarragona), capital da provincia romana Hispania Citerior Tarraconensis. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-007.

A función do anfiteatro Nel tiñan lugar todo tipo de espectáculos, coma a munera (loita de gladiadores), as venationes (loitas con animais) e as execucións públicas. Construíuse preto do mar na parte baixa da cidade para proporcionar un aceso doado ao público asistente as funcións e facilitar o desembarco na praia dos animais empregados. No ano 259, Fructuoso de Tarragona e os seus diáconos foron martirizados neste lugar, feito que foi conmemorado no século VI mediante a construción dunha basílica visigoda adicada a estes mártires na propia situación do anfiteatro.

Características técnicas miniatura|dereita|200px|Detalle das bancadas. Data de construción: século II d.C. Capacidade: 14.000 persoas Forma arquitectónica: elipse Dimensións: 109,5 x 86,5 metros (en forma elíptica) Estancias: Baixo a area onde tiñan lugar os espectáculos atopábanse as fossae ou estancias subterráneas para os animais e os gladiadores, que contaban cun montacargas para erguelos ata a area do anfiteatro. A cavea era a bancada e estaba dividida en tres maenianae ou sectores, separados por muros e corredores para distribuír aos espectadores segundo a súa clase social. Un podium de 3,25 metros de altura separaba a area das bancadas.

miniatura|center|800px|Anfiteatro de Tarragona.

Véxase tamén Outros artigos Conxunto arqueolóxico de Tarraco Circo romano de Tarraco Acueduto de les Ferreres Arco de Berà Muralla de Tarragona Torre dos Escipións Teatro romano de Tarraco Foro romano de Tarraco Cemiterio paleocristián de Tarragona Canteira romana de El Médol

Ligazóns externas Páxina web do Concello de Tarragona Páxina do Museo de Historia de Tarragona Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura Páxina turística de Tarragona

Información relacionada Páxina sobre o anfiteatro de Mérida

Categoría:Tarragona Categoría:Conxunto arqueolóxico de Tarraco Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Anfiteatros romanos