O Amatori Lodi é un equipo italiano de hóckey a patíns da localidade de Lodi que xoga na Serie A1 italiana e foi fundado en 1965. Xoga os seus partidos como local no Palazzetto dello Sport Eugenio Castellotti, cunha capacidade para 2.655 espectadores.
Traxectoria O seu primeiro título acadouno en 1978 ao alzarse coa Copa de Italia, na tempada 1980-81 acadaba a Liga, feito que lle permite disputar a Copa de Europa de hóckey sobre patíns do ano 1982, chegando á final, que perdería fronte ao FC Barcelona. Posteriormente, en 1987 gaña a Copa CERS ao derrotar ao CE Noia na final.
Na tempada 1994 gaña a Recopa de Europa de hóckey sobre patíns, derrotando ao CP Voltregà na final. Nas tempadas 1995 e 1996 tamén disputa a final da Recopa de Europa, mais nestas dúas ocasións foi derrotado polo Roller Monza e o H.C. Liceo, respectivamente.
Palmarés 4 Copa italiana: 1978, 2011-2012, 2015-2016, 2020-2021 4 Liga italiana: 1980-1981, 2016-2017, 2017-2018, 2020-2021 1 Copa CERS: 1988-1987 1 Recopa de Europa: 1993-1994 1 Copa da Liga: 2009-2010 2 Supercopa de Italia: 2016, 2018
Véxase tamén
Ligazóns externas Site oficial do club
Lodi Lodi