miniatura|300px|Vista de Tarragona coa muralla á esquerda. A muralla de Tarragona é unha estrutura militar de orixe romano que arrodea o casco antigo da cidade de Tarragona. Constitúe, xunto con outras localizacións, o conxunto arqueolóxico de Tarraco, que forma parte do Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-001.
Historia e características miniatura|dereita|250px|Paseo na parte superior das murallas A muralla é a construción máis antiga da Tarraco romana. Nun primeiro momento tratábase dunha simple cerca de madeira que tiña coma misión protexer a gornición militar. Comezou a construírse no século III a.C., aínda que non existe consenso sobre se foi durante a segunda guerra púnica ou con posterioridade. Sufriu unha ampliación ao longo do século II a.C., posiblemente durante a formación da cidade romana de Tarraco. Desta época consérvanse tres torres orixinais:
A Torre do Arquebisbe A Torre do Cabiscol A Torre de Minerva
Entre os anos 217 e 197 a.C. foi ampliada e fortalecida cun frontal de pedra de 6 metros de altura e 4,5 metros de grosor, reforzando con torres os puntos máis febles. Na segunda metade do século II a.C. a muralla medrou en altura e grosor e estendeuse ata abranguer toda a cidade. Na actualidade consérvanse 1300 metros da edificación orixinal en boas condicións.
Sufriu numerosas modificacións ao longo da historia, coma por exemplo a apertura do Portal del Roser na época medieval para proporcionar un novo aceso á cidade ou a súa rehabilitación como paseo arqueolóxico nos anos 30 do século XX. Dende finais do século XIX é de propiedade pública e no ano 2000 foi catalogada coma Patrimonio da Humanidade, sendo un dos símbolos máis característicos da cidade de Tarragona.
Véxase tamén
Outros artigos Conxunto arqueolóxico de Tarraco Circo romano de Tarraco Anfiteatro de Tarraco Acueduto de les Ferreres Arco de Berà Torre dos Escipións Teatro romano de Tarraco Foro romano de Tarraco Cemiterio paleocristián de Tarragona Canteira romana de El Médol
Ligazóns externas Páxina web do Concello de Tarragona Páxina do Museo de Historia de Tarragona Ficha da muralla de Tarraco en spanisharts Tarragona - Información histórica e cultural de Tarraco, capital da Hispania Citerior na época de dominación romana Información Foro Romano de Tarragona en España é cultura, Ministerio de Cultura
Categoría:Tarragona Categoría:Conxunto arqueolóxico de Tarraco Categoría:Patrimonio da Humanidade en Cataluña Categoría:Murallas romanas
de:Tarraco#Stadtmauer