, nado en Nara (Xapón) o 4 de outubro de 1918 e finado en Kyoto o 9 de xaneiro de 1998, foi un químico e profesor universitario xaponés galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1981.
Traxectoria Estudou física e química na Universidade de Kyoto, onde se licenciou en 1941. Dedicado á docencia, en 1951 foi nomeado catedrático de química física na mesma universidade, cargo que ocupou ata 1982.
Investigacións científicas Interesado nas reaccións químicas, centrou os seus traballos nas órbitas frontais observando como as súas propiedades de simetría permiten explicar as súas reaccións químicas.
En 1981 foi galardoado, xunto co estadounidense Roald Hoffmann aínda que polos seus traballos independentes, polas súas teorías sobre o desenvolvemento das reaccións químicas.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1981 Páxina web do Instituto Nobel coa biografía de Kenichi Fukui
Categoría:Químicos do Xapón Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados na prefectura de Nara Categoría:Membros estranxeiros da Royal Society Categoría:Premios Nobel do Xapón Categoría:Alumnos da Universidade de Kyoto