Kent foi unha banda de música rock sueca fundada en Eskilstuna en 1990 co nome de Jones & Giftet. Posteriormente trocaría o seu nome polo de Havsänglar.

Acadou varios grandes éxitos na radio sueca dende o seu hit Kräm (så nära får ingen gå). Na actualidade, é probablemente a banda de rock máis popular de Suecia, pero son uns grandes descoñecidos fóra de Escandinavia, xa que as letras das súas composicións están en sueco. A banda tentou iniciar unha carreira internacional con versión en inglés e en sueco dos seus álbums Isola e Hagnesta Hill, acompañados de xiras polos Estados Unidos, pero desistiron tras non acadar o éxito experado, e chegando a poñer en perigo a estabilidade do grupo.

Traxectoria O gurpo formouse en 1990 baixo o nome de Jones & Giftet e estaba composto inicialmente por Joakim Berg, Martin Sköld, Markus Mustonen, Sami Sirviö e Thomas Bergqvist. Este último sería substituído no ano 1992 por Martin Roos e a banda trocaría o seu nome polo de Havsänglar.

En 1993 a banda mudouse a Estocolmo e pasou a chamarse Kent. Kent é un nome masculino común en Suecia, pero na época da formación de banda estaba en desuso e considerábase anticuado. Os membros do grupo elixírono para expresar que se sentían excluídos e fóra de lugar na súa cidade natal.

No ano 1995, a banda publicou o seu primeiro álbum, Kent, e Harry Mänty substituíu a Martin Roos. Un ano despois, saíu o seu segundo traballo, Verkligen, que acadou o número un en Suecia e cuxo single, Kräm, chegou ao top 10. Tras unha xira, publicaron o seu terceiro álbum de estudio, Isola, en 1997; a derradeira canción do disco, 747, dura exactamente 7:47 minutos. Coma consecuencia da crecente popularidade do grupo, decidiron publicar o álbum en inglés e iniciar unha xira polos Estados Unidos, pero non obtiveron o éxito agardado. O seu seguinte traballo, Hagnesta Hill (1999), tivo unha grande acollida en Escandinavia, mentres que a súa versión inglesa xunto cunha nova xira polo país americano tiveron de novo un éxito moi reducido.

No ano 2000 a banda publicou un dobre álbum que recollía todas as caras B publicadas ata ese momento, e en 2002 editaron Vapen & Ammunition, que estivo sete semanas no número un e cuxo single, Dom andra, foi o primeiro do grupo en chegar ao posto máis alto das listas. Con máis de 200.000 copias vendidas converteuse no maior éxito da banda. Posteriormente en 2003 a banda deu un concerto no estadio de Estocolmo ante máis de 30.000 fans que foi chamado O Concerto Branco, xa que pediran a todos os asistentes que levaran roupa branca.

O seu seguinte álbum, Du & jag döden, publicouse en 2005 e acadou os primeiros postos das listas durante varias semanas. Dous dos singles incluídos neste traballo, Max 500 e Palace & Main, acadaron o número un. Nese mesmo ano xurdiron rumores que apuntaban a que a banda estaba gravando un novo álbum e en outono apareceu The Hjärta & Smärta EP, anunciado só un par de semanas antes da súa publicación, e que situou de novo ao grupo no número un da lista de sinxelos. Este EP contiña cinco temas, entre eles o éxito Dom som försvann, cuxo videoclip gañou un premio nacional.

En relación a un documental sobre nenos maltratados, a principios de 2006 a banda publicou unha canción sobre o tema, chamada Nålens öga, cuxos beneficios foron destinados a combater a violencia familiar.

O 9 de xaneiro de 2007, anunciaron que Harri Mänty decidira abandonar a banda a finais do ano anterior, previamente ao comezo da gravación do seu novo álbum. En 2007 publicaron Tillbaka till samtiden.

Membros Joakim Berg – Voz principal, guitarra Martin Sköld – Baixo Markus Mustonen – Batería, voz acompañante Sami Sirviö – Guitarra principal Harri Mänty – Guitarra rítmica (1996-2006) Thomas Bergqvist – Teclados (1990–1992) Martin Roos – Guitarra rítmica (1992–1995)

Discografía Álbums de estudio e EPs Kent: 15 de marzo de 1995 Verkligen: 15 de marzo de 1996 Isola: 12 de novembro de 1997 (versión en sueco), 27 de abril de 1998 (versión en inglés) Hagnesta Hill: 6 de decembro de 1999 (versión en sueco), 28 de abril del 2000 (versión en inglés) B-sidor 95-00: 28 de abril del 2000 Vapen & ammunition: 15 de abril del 2002 Du & jag döden: 15 de marzo del 2005 The hjärta & smärta EP: 2 de novembro del 2005 Tillbaka till samtiden: 17 de outubro de 2007

Singles en sueco När det blåser på månen (1995) Som vatten (1995) Frank (1995) Jag vill inte vara rädd (1995) Kräm (1996) Halka (1996) Gravitation (1996) Om du var här (1997) Saker man ser (1998) 747 (1998) Musik non stop (1999) En himmelsk drog (2000) Kevlarsjäl (2000) Chans (2000) Dom andra (2002) Kärleken väntar (2002) FF / VinterNoll2 (Dobre cara A) (2002) Max 500 (2005) Palace & Main (2005) Den döda vinkeln (2005) Nålens öga (2006)

Sencillos en inglés If You Were Here Things She Said 747 Music Non Stop Kevlar Soul

Ligazóns externas Páxina web oficial Información sobre Kent, Havsänglar e Jones & Giftet

Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Cantantes en lingua sueca