miniatura|Unha chapa de botella. O xogo das chapas é un xogo popular de gran sinxeleza, que precisa só de chapas de botellas. Materiais Necesítase unha chapa (tapón de refresco ou cervexa) para cada unha das persoas que van xogar. Un terreo onde xogar. Nel píntase unha estrada, onde se representan curvas, rectas e todo tipo de sinais (pozos, cárceres, atallos, áreas...) que permitirán que o xogo sexa máis entretido.

Normas Cada xogador só poderá tirar tres veces seguidas, se este non se sae das liñas marcadas. Se a chapa cae nas zonas de castigo (pozos, áreas...) a persoa non poderá tirar ata pasadas tres quendas dos seus contrincantes. Só poderá tirar antes se os seus compañeiros tamén caen. Se ao lanzar se cae na morte ou no cárcere, isto supón a volta ao inicio.

Proceso Para empezar a xogar, cada xogador sinala a súa chapa coa finalidade de diferenciala das demais. Posteriormente, énchese a chapa de barro para que esta pese e poder deslizala mellor pola estrada. Co cu para abaixo, empúrrase a chapa co dedo índice e vaise comendo terreo para gañar a partida. Véxase tamén

Ligazóns externas xogospopulares.com O portal da tradición lúdica

Categoría:Xogos populares