Attu é a illa máis oriental do grupo Near das Illas Aleutianas, en Alasca, representa o punto máis oriental dos Estados Unidos, localizado a 1700 km da Alasca continental e a 1200 km das illas Kuriles.

Historia

O nome Attu é unha transliteración do nome aleutiano da illa, o explorador ruso Aleksei Chirikov deulle o nome de San Teodoro en 1742 Os aleutianos viviron na illa durante xeracións, pero no transcurso da segunda guerra mundial, o 7 de xuño de 1942 os xaponeses invadiron a illa, xunto á illa veciña de Kiska o día anterior. Os xaponeses trasladaron aos 42 habitantes a un campo de concentración preto de Otaru, en Hokkaido, alí morreron 16 deles.

O 11 de maio de 1943, o exército americano lanzou unha ofensiva para reconquistar Attu e Kiska, durante a Batalla das Illas Aleutianas morreron 549 americanos e 2351 xaponeses, ao final a vitoria foi para os americanos.

Logo da guerra, os superviventes do campo de prisioneiros de Otaru foron repatriados a outras illas das Aleutianas ou ao interior da Alasca, e o goberno dos Estados Unidos construíron unha estación militar no sur de Attu.

O 1 de agosto de 2010, a estación LORAN da Garda Costeira dos Estados Unidos en Attu deixou definitivamente de funcionar. O 27 de agosto de 2010, a estación foi desarmada e retirouse o persoal da Garda Costeira, deixando a illa sen poboación residente.

O 7 de xuño de 2012, no 70º aniversario da invasión xaponesa, a senadora Lisa Murkowski e o almirante Thomas Ostebo da Garda Costeira dos Estados Unidos dedicaron un monumento a Attu Village, aos residentes que morreron en cativerio xaponés e os sobreviventes que non puideron regresar.

miniatura|Illas de Agatu e Attu. miniatura|Paisaxe da Illa de Attu.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Aleutianas Attu, Alasca

Ligazóns externas Attu Homepage Red White Black & Blue – feature documentary about The Battle of Attu Soldiers of the 184th Infantry, 7th ID in the Pacific, 1943–1945 Suicidal Banzai charge in Attu : The 1st Gyokusai ordered Suicide for the Emperor? ”Attu: North American Battleground of World War II”, a National Park Service Teaching with Historic Places (TwHP) lesson plan Aviation: From Sand Dunes to Sonic Booms, a National Park Service Discover Our Shared Heritage Travel Itinerary

Categoría:Illas Aleutianas Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Attu Categoría:Illas dos Estados Unidos de América Attu