A arquitectura gótica en Galicia correspóndese coas infraestruturas e construcións, na súa maioría templos -a maioría conventos e catedrais- dos séculos XIV e XV que supoñen a evolución natural das primeiras igrexas románicas do século XIII.
Ademais da arte rural, sobresae pola súa calidade a arquitectura das ordes mendicantes: Dominicos e Franciscanos.
Exemplos de arquitectura gótica en Galicia son algunhas partes do Convento de San Domingos de Bonaval, do Convento de San Francisco de Ourense e de San Domingos de Pontevedra.
Historia e características Implantouse maioritariamente nas cidades por mor da chegada das ordes mendicantes (dominicos e franciscanos) a Galicia no século XIII.
As construcións góticas en Galicia caracterízanse polo rexeitamento ás esveltas torres con pináculos, ás vidreiras coloreadas e á profusión de naturalistas esculturas, pero empregaron amplamente os elementos góticos máis esenciais como as bóvedas de cruzaría e o arco apuntado.
A mestura entre a arquitectura románica e a gótica tivo as súas primeiras manifestacións nos mosteiros do Císter, como os de Armenteira, Acibeiro, Oia (Pontevedra), Monfero (A Coruña), Meira (Lugo), Oseira e Melón (Ourense).
Galería de imaxes
Véxase tamén
Bibliografía
Artigo "GÓTICO" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Outros artigos Escultura gótica en Galicia