Heinrich Otto Wieland, nado en Pforzheim, Baden, (Alemaña) o 4 de xuño de 1877 e finado en Múnic, o 5 de agosto de 1957, foi un químico alemán. Foi galardoado co premio Nobel de Química do ano 1927.

Traxectoria Estudou química nas universidades de Berlín, Múnic e Stuttgart. En 1917 sucedeu a Adolf von Baeyer como profesor de química da Universidade de Múnic e ensinou química orgánica nas de Friburgo e Múnic (1925-1953).

Investigacións científicas Formulou a teoría da deshidroxenación e explicou a constitución de moitos produtos de natureza completa, como a pteridina, as hormonas sexuais e os glucósidos da dixital, e tamén dalgúns alcaloides.

Así mesmo realizou estudos complexos sobre os ácidos biliares.

En 1927 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a composición dos ácidos biliares. O premio foi anunciado o 13 de novembro de 1928, sendo entregado o 10 de decembro daquel mesmo ano en Estocolmo.

Activismo social Wieland tratou exitosamente de protexer as persoas, especialmente os estudantes xudeus, que vían como eran "restrinxidos racialmente" tras as leis de Núremberg. Malia non poder acceder á universidade como alumnos, podían permanecer no grupo de Heinrich Wieland como químicos ou como "Gäste des Geheimrats" (invitados do consello privado).

Véxase tamén Outros artigos Premio Nobel de Química

Ligazóns externas Páxina web do Instituto Nobel, Premio Nobel de Química 1927 Biografía na páxina do Instituto Nobel Perfil de Heinrich Otto Wieland NNDB

Categoría:Químicos de Alemaña Categoría:Premio Nobel de Química Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Nados en Pforzheim Categoría:Premios Nobel de Alemaña