A Società Sportiva Felice Scandone Basket Avellino foi un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Avellino, na rexión da Campania. En 2019 o equipo renunciou á súa praza na Lega Basket Serie A, a máxima competición do baloncesto italiano, por motivos económicos. Despois de competir na temporada 2020−21 da Serie B, terceira categoría do país, o equipo descende de categoría, decidindo non se inscribirse en ningunha competición para a seguinte temporada. Fundado en 1948, obtiveron o seu primeiro título no ano 2008, cando gañaron a Coppa Italia tras vencer na final á Virtus Bologna por 73 a 67. Xogaba os seus encontros como local no Palasport Giacomo Del Mauro, un pavillón remodelado en 2008 con capacidade para 5 100 espectadores.
Historia O mellor resultado na historia do club é a terceira praza da Serie A italiana obtida na tempada 2007-08 e que lle permitiu participar na Euroliga na tempada 2008-09. O único título do club chegou no 2008, ao gañar a Copa de Italia. En 2019 debido a motivo económicos o Felice Scandone renuncia á súa praza na Serie A, sendo descendido en consecuencia á Serie B, terceira categoría italiana. Na temporada 2020−21, o equipo finaliza en 15º lugar, perdendo nas eliminatorias polo descenso a categoría. Após a finalización da temporada, o club decide non inscribirse en ningunha competición, facendo así oficial a desaparición da sociedade o 29 de xullo de 2021.
Patrocinadores Ao longo da súa historia o Felice Sandone de Avellino levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio: Pasta Baronia Avellino (1996−1997) Cirio Avellino (1997−1998) Select Avellino (1998−1999) Nicoloro Avellino (1999) De Vizia Avellino (1999−2002) A.IR. Avellino (2003−2011) Sidigas Avellino (2011−2019)
Palmarés Títulos nacionais Copa de Italia Campións (1): 2008
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Perfil na web da Lega
Categoría:Equipos de baloncesto de Italia