O Peristeri GS BC ou KAE Gymnastikos Syllogos Peristeriou (en grego Γ.Σ. Περιστερίου) é un club de baloncesto grego fundado o 22 de outubro de 1971 con sede na cidade de Peristeri, Grecia. O equipo xoga na A1 Ethniki, máxima categoría do baloncesto grego.

Historia En 1983, o Peristeri acadou a primeira posición da Segunda División do baloncesto grego, a A2 Ethniki. En 1989 gaña novamente a Segunda División, ascendendo á A1 Ethniki. Na tempada 1989-90, o Peristeri competiu por primeira vez na máxima categoría do baloncesto grego, a A1 Ethniki.

Nos seguintes anos converteuse nun equipo competitivo e acadou moitos éxitos. Durante este tempo, o Peristeri xogou en sete ocasións a Copa Korać (nos anos 1992, 1993, 1994, 1995, 1997, 1998 e 2000). Xogadores ben coñecidos coma Marko Jaric, Milan Gurović, Aggelos Koronios, Michalis Pelekanos, Kostas Tsartsaris, e Alphonso Ford xogaron no club nesa etapa.

En 2001, o Peristeri rematou na segunda posición a Greek League na liga regular. O club competiu na Euroliga na tempada 2000-01 e na 2001-02. En 2003, Peristeri xogou a Eurocopa do Desafío. En 2004, o club xogou a EuroCup. En 2004 o equipo descendeu á Segunda División debido a problemas financeiros, volvendo á máxima competición de Grecia en 2009, tras proclamarse campión da A2 Ethniki.

Palmarés 3 A2 Ethniki: 1983, 1989 e 2009

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do club

Categoría:Equipos de baloncesto de Grecia