miniatura|300 px|Parte do equipo do programa: Raúl Shogún, Bruno Cardeñosa, Juan Antonio Cebrián, Carlos Canales, Jesús Callejo e Martín Expósito. La Rosa de los Vientos é un espazo radiofónico emitido en Onda Cero. Nel trátanse todo tipo de temas: ciencia e tecnoloxía, misterio, humor, ecoloxía, historia, lendas... unha temática semellante á do programa Milenio da Radio Galega. Foi presentado e dirixido por Juan Antonio Cebrián até o seu pasamento, o 20 de outubro de 2007. Na actualidade, está dirixido por Silvia Casasola, con Martín Expósito na redacción e produción e presentado por Bruno Cardeñosa. Como homenaxe cada programa comeza dicindo "La Rosa de los Vientos de Juan Antonio Cebrián con Bruno Cardeñosa", substituíndo á anterior presentación de "La Rosa de los Vientos con Juan Antonio Cebrián". O programa comezou a súa emisión o 13 de setembro de 1997, herdando parte dos seus contidos de Turno de Noche, programa que inaugurou as madrugadas de Onda Cero cunha fórmula peculiar e distinta á practicada por outras cadeas de radio, dedicadas neses momentos á repetición dos programas emitidos durante o día.

O equipo de colaboradores daquela formábano José Manuel Escribano e Miguel de la Quadra-Salcedo, veteranos de Turno de Noche, canda Paco Clavel, Elena Prada, Miguel Ángel Valladares, Manu Leguineche, Gerardo Olivares, Carlos José Coloma, Nacho Sierra e Fernando Rueda.

En 1998 incorpóranse Jesús Callejo e Carlos Canales. Posteriormente faríano Javier Sierra, Bruno Cardeñosa e Fernando Jiménez del Oso.

Este programa conta cun gran número de oíntes e converteuse nun programa de culto da radio española. No ano 2003 eliminouse da programación, mais tras numerosas queixas, Onda Cero tivo que volver a poñer o programa na súa grela no 2004, continuando logo até os nosos días.

Actualmente, emítese os sábados e domingos, de 1:00 a 4:00 da madrugada (GMT+01:00), excepto para Cataluña, onde a emisora tivo que substituílo, ao comezar a temporada 2008-2009, para cumprir coa lexislación de contidos emitidos en catalán, pola repetición do programa "No son hores", aínda que se pode escoitar pola frecuencia de AM e ademais se poden seguir os programas vía Internet.

Seccións Tertulia de las Cuatro C, con Juan Antonio Cebrián, Carlos Canales, Jesús Callejo, Bruno Cardeñosa e en ocasións con outros invitados relacionados coa temática, escritores, periodistas etc. Desde esta sección xurdiu o libro Enigma, feito polos catro. Monográficos Zona Cero, sobre temas de actualidade e clásicos como as psicofonías. A maioría son obra de Canales e Callejo. Expedientes del misterio, sección a cargo de Bruno Cardeñosa na que se examinan de forma rigorosa e amena os pormenores das investigacións sobre casos misteriosos. Pasajes de la Historia, narrados por Cebrián cun coidado ambiente sonoro. Deu lugar a dous libros do propio Cebrián co mesmo nome. Versus, co formato dos Pasajes de la Historia, enfronta a personaxes que conviviron nun mesmo momento dea Historia e tiveron unha relación xeralmente enfrontada. Psicokillers, narrados por Cebrián, céntranse na actividade dos grandes asasinos en serie da historia. Sección desaparecida antes da tempada do 2006. Azul y Verde, sección de ecoloxía pola que pasaron colaboradores como Mar de Tejeda ou Martín Expósito. Micro relato, enviados polos oíntes e que son narrados con coidado ambiente sonoro na voz de Paco de León. Materia Reservada, sección sobre xeopolítica e espionaxe con Fernando Rueda. El rincón del Escribano, sección de cine con José Manuel Escribano, o decano dos colaboradores do programa. Lugares de Poder, viaxes a lugares singulares con Juan Ignacio Cuesta. Cómics, con Raúl Shogún dende Salamanca, falando dos cómics. DJ Martin, sección musical conducida por Martín Expósito. El Termómetro de la Tierra, sección dedicada exclusivamente a informar de todos aqueles acontecementos relacionados co Cambio Climático dende catástrofes climáticas até novos enxeños mecánicos que favorezan a obtención de enerxía renovable, elaborada por Martín Expósito. Europeos del día, espazo humorístico onde participan Martín Expósito e Silvia Casasola, coordinadora do programa durante moitas tempadas. Viajes Favoritos, co doutor Fernando Jiménez del Oso. Esta sección naceu a raíz da desaparición do propio doutor no ano 2005. Desaparecida antes da temporada 2006. Las lunas de Tico Medina, poemas do xornalista Tico Medina recollendo a temática de actualidade do momento. Desaparecida antes da temporada 2006. El fin de la especie, toque humorístico sobre noticias estrañas. Foi conducido por Luján Arguelles nos seus primeiros pasos en Onda Cero. Desaparecida antes da temporada 2006. Chispa y muelle, sección paródica sobre inventos e teorías científicas con Pepín Tre. Desaparecida antes da temporada 2006. La Biblioteca, sección dedicada a falar de novidades editoriais con Laura Falcó Lara, directora de varios selos editoriais do Grupo Planeta.

Ademais doutra serie de seccións enmarcadas en coleccións de duración determinada.

Enigmas del mundo, deu lugar ao libro "100 enigmas del mundo" de Bruno Cardeñosa. Exploradores del misterio Historia de la ufología Enigmas literarios Leyendas urbanas (temporada 2006-2007) El Garaje de Mario V, sección dedicada a pensar Internet, as implicacións filosóficas da rede de redes, as súas historias e personaxes, polo xornalista e desenvolvedor web Mario Viciosa.

Lema do programa

Por outro lado, o grupo de folk metal Mägo de Oz, rendeulle unha homenaxe ao programa coa canción "La Rosa de los Vientos" no 2003 e versionou a melodía principal do programa.

Véxase tamén Ligazóns externas

Portal de La Rosa de los Vientos

Categoría:Programas de radio