San Marcos é un lugar da parroquia de Pardesoa, no concello pontevedrés de Forcarei. Segundo o IGE en 2008 tiña 33 habitantes (14 homes e 19 mulleres), a mesma cantidade ca en 2007.
Historia
O 23 de novembro do ano 1897 tivo lugar en San Marcos a morte violenta do prestamista Xoán Rei Prado e a agresión á súa muller, Perfecta Espiña Arán. O 24 de marzo de 1952 tivo lugar outro asasinato, cando Ricardo Míguez Caramés matou a súa filla, Alsira Míguez Bugallo, de 17 anos.
Patrimonio Capela de San Lucas.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Pardesoa
Parroquias de Forcarei
Categoría:Lugares de Forcarei