Matilde González Palau, chamada Matilde Llòria, nada en Almansa (Albacete) o 1 de xaneiro de 1912 e finada en Valencia o 16 de maio de 2002, foi unha escritora en castelán, catalán e galego.

Traxectoria Viviu dende que tiña un mes en Alzira, e en 1942 pasa a residir en Ourense. En novembro de 1954 recibiu unha homenaxe da asociación cultural Posío, Arte y Letras. O discurso de ofrecemento foi pronunciado por Ramón Otero Pedrayo e no acto participaron ademais outras personalidades da sociedade ourensá. Gañou o concurso literario convocado polo Centro Galego de Buenos Aires con motivo do 50 Aniversario da morte de Curros Enríquez coa obra Centileo.

En 2026 Tamara Andrés publicou Eu son de aquí e de alá (Galaxia): comparte a súa indagación arredor da Matilde Lloria alófona e migrante.

Vida persoal Estaba casada co médico Federico Llòria, que exerceu na Merca e Ourense e foi médico do Instituto de Previsión de Ourense até 1969.

Obra Camino del cántico, 1949 (poemario en castelán) Aleluya, 1952 (poemario en castelán) Canción de navidad, 1965 (poemario en castelán) Altissim regne, 1964 (poemario en catalán) Caixiña de música, 1971 (poemario en galego; prólogo de Otero Pedrayo) Lloc per a esperança, 1975 (poemario en catalán) Un fulgor que se apaga, 1981 (poemario en castelán) Dou fe, 1994 (poemario en galego) Irrepetible alondra, 1996 (poemario en castelán) Diario de una adolescente, 1997 Unha casa no tempo, 2001 (poemario en galego)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Lacueva i Lorenz, Maria (2013), Elles prenen la paraula. Recuperació crítica i transmissió a les aules de les escriptores valencianes de postguerra: una perspectiva des de l'educació literàriaTesi Doctoral (Universitat de València).

Ligazóns externas Matilde Llòria en Historia das nosas mulleres ourensás

Categoría:Escritores de Castela-A Mancha Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Escritores en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Almansa Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes