Antonio Goy Díaz, nado en Lugo en 1900 e finado en Almería en 1976,La Voz de Almería, 24-2-1976, p. 17. foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de Antonio Goy Ulloa. Oficial de telégrafos dende 1918, foi xefe de telégrafos de Foz nos anos vinte. En 1917 comezou a colaborar na prensa de Lugo no xornal La Idea Moderna, dirixiu a revista Juvenilia (1918), foi redactor de La Provincia e dende 1931 de El Progreso, do que chegou a ser redactor-xefe, e foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo. Colaborou en Céltiga.Céltiga, 106, 25-5-1929, p. 7.Céltiga, 113, 10-9-1929, p. 12.Céltiga, 119, 10-12-1929, p. 20.Céltiga, 122/123, 10-2-1930, p. 13. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 dirixiu o semanario falanxista Azul ata xuño de 1937, cando foi nomeado delegado provincial de prensa do Estado.El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 4. Foi subdelegado do Estado para Prensa e Propaganda de Lugo.La Voz de Galicia, 18-4-1938. Dende 1947 exerceu un tempo como xefe do Corpo de Telégrafos de Madrid, á vez que cultivou a súa vocación como escritor. En 1964 foi nomeado Delgado-xefe provincial do Centro de Telecomunicación de Almería.El Progreso, 20-3-1964, p. 5.

Obra Entre o clavo i-a ferradura (contos e poemas do ferreiro Mocles) (1928). Rutas de turismo. 1ª ruta. Lugo-Otero de Rey-Villalba-Vivero (1940). Las cinco hijas de Miramontes (novela). Augusta (novela).

Vida persoal

Casou con Isabel Veloso Calvo en 1923.El Norte de Galicia, 23/11/1922, p. 12.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas (2017): "O Foz de 1939 nos ollos de Antón Goi Díaz", no blog O gabinete de Foz, 5 de xaneiro. Antonio Goy Díaz

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1976