Strongyli Kastellorizou (grego: Στρογγυλή Μεγίστης), tamén chamado Strongili ou Ipsili, é un dos illotes gregos que se atopa na zona oriental do mar Mediterráneo, a cinco millas náuticas ao sueste da illa de Kastellorizo. A illa ten aproximadamente 1´5 km de longo, e ata 700 m de largo. Cobre unha área de preto de 0´9 km². É máis ben plana e cuberta con maquis. Segundo o censo de 2011 o illote non ten residentes permanentes, pero ten unha pequena base militar.

Stroggyli é o territorio grego máis oriental. Administrativamente forma parte do concello de Megisti. Segundo o censo de 2011 mostrou unha poboación grega de nove habitantes. Ten un faro, que ten a característica de ser o edificio máis oriental de Grecia. En turco o nome da illa é Çam Adası (illa dos pinos).

Notas

Véxase tamén

Lista de illas de Grecia

Ligazóns externas

Official website of Municipality of Megisti

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia