San Ramón é un lugar da parroquia de San Xoán de Moeche no concello Coruñés de Moeche na comarca de Ferrol. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2008 tiña 190 habitantes (95 homes e 95 mulleres), 19 máis ca en 1999. Neste lugar radica a capital do concello e tamén onde se celebra a Feira do 23.

Toponimia O topónimo San Ramón é un haxiotopónimo referido a Ramón Nonato e débese á presenza no lugar dunha capela baixo dita advocación.

Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Moeche

Parroquias de Moeche

Categoría:Lugares de Moeche