O nervio musculocutáneo é un nervio do membro superior orixinado polo tronco secundario anteroexterno ou superior. Toma as raíces raquídeas C5, C6, C7 e algunhas veces, tamén C4. Coma nervio, atópase na parte externa da axila e vai cara a parte interna do brazo, fura un músculo e pasa á superficie anterior do brazo, situándose entre o plano muscular superficial e o fondo. Segue descendendo e achégase á parte externa. No cóbado faise superficial e pasa pola canle bicipital. A este nivel dá dúas ramas terminais sensitivas puras, unha anterior e outra posterior.

Relacións Na axila é a rama máis externa do plexo braquial. Na orixe aparece preto do nervio radial e xa no brazo pasa preto da arteria umeral. Na parte anterior fura o músculo coracobraquial e sitúase entre o bíceps braquial e o braquial anterior.

Ramas colaterais Ao longo do seu traxecto dá as seguintes ramas colaterais sensitivas: Anastomose para o nervio mediano. Rama sensitiva para o cóbado. Rama para o músculo coracobraquial. Rama para o músculo braquial anterior. Dúas ramas para o bíceps braquial.

Tamén dá tres ramas motoras que constitúen o eixo neuromuscular do musculocutáneo, innervando aos seguintes músculos: Coracobraquial. Braquial anterior. Bíceps braquial.

Categoría:Sistema nervioso